Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 7:45 - 29/09/23
    Os servicios ferroviarios na comunidade seguen no primeiro plano da actualidade e sobre todo das reclamacións políticas. A Xunta pide ao goberno central que repoña os servizos ferroviarios que durante a pandemia desapareceron e que segundo o presidente Alfonso Rueda son 200 conexións menos cada semana.
    E neste sentido tamén van as esixencias do BNG para dar o seu voto a Pedro Sánchez na investiddura. A líder nacionalista Ana Pontón avanzóu que lle vai pedir a Sánchez investimentos na rede ferroviaria galega
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 28/09/23
    O Rei Filipe Sextao defenda na Illa da Toxa o optimismo para cara sociedades máis libres e prósperas. MEnsaxe no discurso de inauguración esta tarde do "Foro Vínculo Atlántico La Toja".
    Ademáis, a xunta demanda ao goberno central os servizos ferroviarios na súa totalidade.
    10 min
  • Crónica de Galicia - 28/09/23
    A situación da media distancia ferroviaria galega centra hoxe o debate político. Tralas denuncias dos usuarios de que as prazas non son abonda, e os tresn sufren continuos retrasos e incidencias, PP e BNG levarán ó congreso senllas iniciativas pra reclamar solucións
    O presidente da Xunta denuncia que a oferta de trens caeu un 12% dende a pandemia. Un asunto que se porá sobre a mesa na próxima reunión co secretario de estado de infraestructuras
    Precisamente a modernización do ferrocarril será un dos asuntos clave que o BNG porá enriba da mesa nas negociacións pra unha posible investidura de Pedro Sánchez.
    19 min
  • Informativo A Coruña 8:45 - 28/09/23
    Continúan as incidencias do transporte por estrada na provincia pero agora non só perxudica ós usuarios que cada día se desprazan para ir traballar ou estudar, o eido sanitario tamén se está vendo afectado. é o caso da unidade de drogo-dependenzas do Concello de Ribeira...
    - A Xunta retirará a autorización á mina de San Finx, en Lousame, se en outubro non axusta a xestión da auga residual xenerada e as verteduras. A plataforma en Defensa da Ría de Muros Noia recibe a noticia con receo.
    - Os traballadores de COMFICA, subcontrata de R e Movistar, secundan hoxe a segunda xornada de folga pra esixir que se manteña o emprego e se readmitan dous compañeiros despedidos no centro que a empresa ten no polígono do Milladoiro, en Ames.
    - En Ferrol, a oposición presentará este xoves unha moción conxunta no pleno municipal pola supresión dunha unidade de primaria no CEIP San Xoan de Filgueira
    15 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 28/09/23
    As queixas o martes chegaban porque Galicia non tivera presenza no debate de investidura, pero este mércores a autonomía si estivo moi presente nos cara a cara entre o deputado nacionalista Néstor Rego e o candidato á investidura Alberto Núñez Feijóo. O BNG, que votou en contra, enumerou o prexuízo que, dixo, deixou en Galicia a etapa de Feijóo na Xunta. En resposta, o líder popular cualificou ó Bloque de partido irrelevante. O debate e votación da investidura protagonizou tamén boa parte da sesión de control no Parlamento galego. Mentres, o conselleiro de Sanidade presentaba a estratexia de oncoloxía de precisión, unha medicina personalizada coa que o Sergas busca terapias máis eficaces contra o cancro. Na illa da Toxa, no Grove, comeza o Foro Vínculo Atlántico. Ás catro e media inauguración con presenza de Filipe VI. A tan só 15 minutos en coche, o rei emérito comeza a súa participación nas regatas que acolle Sanxenxo. E a compostelá Yolanda Castaño gana o Premio Nacional de Poesía 2023, que concede o Ministerio de Cultura. O xurado premiou a súa obra 'Materia', unha proposta que, segundo a autora, cuestiona o concepto tradicional de familia
    15 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.