Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 7:45 - 03/10/23
    A capital galega está máis preto de ter unha taxa turística. O presidente da Xunta e a alcaldesa de Santiago avanzaron no seu establecemento só en Santiago, non se baralla noutros concellos. Todo para sufragar os gastos que conleva a chegada de visitantes, de momento non se coñece a cifra desa taxa nin os casos concretos de aplicación. Noutro encontro, o da mesa sectorial do ensino, non houbo grandes avances. Educación ofreceu baixar a proporción de alumnos por aula para que, en 10, quede en 20 alumnos. Entre os sindicatos cren que a medida non chega. En Lugo, a fábrica de Aluminio de Alcoa en San Cibrao está totalmente parada desde onte ó deixar de funcionar a área de Fundición, a única que quedaba activa. .Segundo a multinacional americana trátase dun apagón temporal por condicionantes do mercado. Este mediodía inaugurarase a vixésimo cuarta edición da Feira Internacional de Produtos do Mar conxelados, Conxemar, no Instituto Feiral de Vigo. Os hoteis e hostais de case toda a provincia de Pontevedra e do sur de Galicia están prácticamente ó completo debido á presenza dos milleiros de visitantes estranxeiros. Hai un plan especial de tráfico para evitar colapsos
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 02/10/23
    Esta tarde o presidente da Xunta inciou os contactos oficiais cos alcaldes saídos das urnas o 28 de maior. Rueda desprazouse á praza do Obradoiro para reunirse co alcaldesa compostelana. Fixeronse avances na taxa turística e o incremento de fondos para a capitalidade. Semella que a precampaña das autonómicas xa está en marcha. O partido maioritario puxo en marcha unha inciativa esta fin de semana que denominan Galicia non Para, que levará a Alfonso Rueda pola xeografía galega. A oposición ironiza e di que non fai falta estar en precampaña para achegarse aos problemas dos galegos.
    10 min
  • Crónica de Galicia - 02/10/23
    O goberno galego e os sindicatos séntanse arestora na mesa sectorial pra tratar de evitar un conflicto no ensino galego. A Xunta plantexa un plan a 10 anos pra reduci-las ratios nas aulas de primaria, non propón medidas no mesmo senso en secundaria, e segue sen abordar a redución de horas lectivas. Cuestións que non convencen ós sindicatos... Mentres, as ANPAS demandan á consellaría solucións pro que consideran unha situación caótica no transporte escolar, con alumnos abandonados nas paradas, falta de autobuses ou retrasos continuos.
    45 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.