Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 7:45 - 31/03/23
    Se teñen que coller hoxe un autobús teñan en conta que hai convocadas dúas folgas: no transporte de viaxeiros por estrada en toda Galicia e nos urbanos de Vigo. Nos dous casos polas diferencias entre os empresarios e os sindicatos na negociación dos convenios colectivos. O transporte escolar está cuberto polos servizos mínimos.
    Sobre os incendios... nestes momentos non hai ningún activo, aínda que os servizos de extinción se manteñan atentos por se o vento reaviva algún. Nestes días arderon 1.700 hactáreas en media cucia de lumes
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 30/03/23
    Medio Rural sinala a unha neglixencia durante unha queima agrícola como a orixe do incendio que dende o martes arrasou 1.400 hectáreas en Baleira, Lugo. Lume que arestora dan por estabilizado, ainda que a Cionselléria está pendente por se reavivan as lapas ante a alerta amarela por ventos. Mentres arde o monte a asociación profesional de bombeiros forestais esixe a estabilización de máis do 50% de forestáis que traballan con contratos temporáis.
     
    10 min
  • Crónica de Galicia - 30/03/23
    Nova protesta dos internistas do hospital do Barbanza: só están cubertos 5 das novas prazas previstas. Como medida provisional, a xerencia ordenou trasladar a Santiago aos doentes que non poidan ser atendidos no hospital de Ribeira. O PP do Salnés apoia as reivindicacións dos bateeiros fronte á consellaría do mar. Nun acto celebrado en Vilanova pediron a retirada do decreto que parcela os espazos pra extracción de mexilla e percebe. Unha exposición en Santiago pretende chamar a atención sobre a falta dunha vivenda. Dende a Rede Galega contra a pobreza interpelan ás administracións públicas e os partidos políticos para que poñan este grave problema como prioridade na axenda pública. O debuxante Miguel Anxo Prado deixa a dirección do Salón de Cómic pola falta de apoio institucional. Considera que o orzamento que o concello destina a este evento, conxelado desde hai anos, é insuficiente para seguir mantendo un certame diferenciado. O tempo. Cambia o tempo.... primeiro vento e contra a noite chegarán as chuvias e van baixar as temperaturas.
    46 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 30/03/23
    Galicia tampouco se salva dos incendios. Nas últimas horas declaráronse 6, só dous continúan activos o de Alfoz e o máis importante, o de Baleira que xa estendeu á Fonsabrada e a Ribeira de Piquín.
    O vento complica os labores de extinción. Onte á tarde impediu que actuasen os medios aéreos. O lume ameazou varias aldeas e algúns veciños tiveron que deixar as súas casas.
    Agárdase que a chuvia que se anuncia permita o control este incendio que xa leva queimadas 700 hectáraeas, o máis grande no que levamos de ano en Galicia
    15 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.