Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 19:50 - 29/03/23
    O Consello Galego de Colexios Médicos impugnará nos tribunais o plan XIDE. O sistema que deixa en mans dos administrativos o tipo de atención que deben recibir os pacientes cando solicitan unha cita. Os facultativos xa denunciaran hai meses que este sistema, implantado xa en moitos centros de saúde, non resolve os problemas de saturación da atención primaria e que supón un risco pra doentes e persoal non sanitario.
    10 min
  • Crónica de Galicia - 29/03/23
    A Xunta avanza no plan de redución e control de suxeicións nas residencias de maiores. Inicia a súa aplicación en dous centros e inclúe formación ao persoal e melloras nos centros. A CIG demanda un convenio colectivo pras traballadoras do fogar.
    A CIG considera que os avances logrados pra este colectivo son totalmente insuficientes e non se benefician nin da suba do salario mínimo. Un incendio no concello de Baleira xa leva queimadas 100 hectáreas.
    O lume, que se iniciou onte á tarde, afecta ás as parroquias de Cubilledo e San Martín. O expresidente de Pescanova, Manuel Fernández de Sousa, terá que ingresar no cárcere. O Supremo desestimou o recurso presentado polo seu avogado que pedía unha rebaixa de condena pra evita-la prisión. O tempo. Día solleiro e con temperaturas altasm, pero contra a noite van volver as chuvias
    45 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 29/03/23
    Os últimos movementos políticos aclaran os plans do PSdeG. O nomeamento de Gómez Besteiro como delegado do goberno semella se-lo paso previo á súa presentación como candidato á presidencia da Xunta nas eleccións autonómicas do vindeiro ano.
    O secretario xeral do partido, González Formoso, cualificou a volta de Besteiro á actividade política como algo moi especial para os socialists galegos. Os colexio de médicos van impugnar o sistema de xestión de cosultas do SERGAS. Consideran que deixa-lo en mans do persoal administrativo supón un risco paraa os pacientes e tamén para o persoal non sanitario. O tempo. Vaise ir retirando o anticiclón e a última hora da tarde volven a chuvias. Pero de momento temos poucas nubes e temperaturas altas.
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 28/03/23
    Xosé Ramón Gómez Besteiro xa é oficialmente o novo Subdelegado do Goberno en Galicia. Logo de 7 anos apartado da política volveu a primeira liña, tras ser exonerado de todalas cargas de corrupción polas que abandonara o cargo de secretario xeral dos socialistas galegos. Substitúe a José Miñones quen tomou posesión esta mañá en Madrid como novo Ministro de Sanidade.
     
    10 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.