Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 7:45 - 27/03/23
    Bo día...suspendida a reunión prevista pra hoxe da presidenta da Comisión Europea, Úrsula Von der Leyen, co presidente da Xunta, por motivos de axenda. Alfonso Rueda tiña previsto abordar na xuntanza asuntos coma os fondos europeos, a conexión ferroviaria do noroeste e a situación da pesca. Por outra banda, as confrarías galegas presentarán un recurso xurídico contra a consellería do mar pola apertura de zonas de extracción de mexilla que foran consideradas en 2021 santuarios do percebe. E hoxe, os letrados da administración de xustiza votarán en asemblea a súa proposta pra avanzar no principio de acordo co ministerio que podería poñer fin á folga iniciada polos letrados o pasado mes de xaneiro.
     
    15 min
  • Reportaxe precampaña municipais Ferrol - 26/03/23
    Primeiro dunha serie de reportaxes nos que tomamos o pulso preelectoral ás sete principais cidades galegas. Nesta ocasión Alejandra López nos acerca á situación de Ferrol da man dos seus candidatos á alcaldía nas vindeiras eleccións municipais.
    17 min
  • Crónica de Galicia - 26/03/23
    O BNG celebra arestora un acto multitudianrio en Compostela de cara a vindeira cita electoral. Baixo o lema unha nova galiza, o acto congrega a candidatos, militantes e responsables politicos no pazo de congresos. Hoxe iniciamos unha serie de reportaxes en clave política que iremos facendo de cara as vindeiras eleccións municipais polos concellos de maior tamaño... Un repaso que comezamos este domingo en Ferrol
    31 min
  • Entrevista Ángel Arcay - 25/03/23
    Entrevista có historiador Ángel Arcay, autor de "Mujeres espontaneadas: fragilidad humana y cópula carnal en las comarcas del Eume y Ferrol (XVIII-XIX)". Realizada por Andrea Oca.
    15 min
  • Crónica de Galicia - 25/03/23
    Semana axitada na loita contra o narcotráfico en Galicia. O descuberto dun macrolaboratorio de procesado de cocaína desarticulado no concello de Cerdedo-Cotobade, Pontevedra, e o achado de tres embarcacións nas costas galegas nas últimas semanas, presuntamente adicadas ao trasnporte de estupefacienets... sitúa a nosa comunidade no epicentro na loita contra esta lacra. Neste eido, A federacion galega contra o narcotrafico pide mais control por parte do goberno-. No tempo da entrevista...falaremos co historiador Angel Arcay, experto en mulleres espontaneadas, un procedemento xuridico galego inventado hai tres séculos pra preservala reputación da muller solteira que quedara embarazada.
     
    31 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 24/03/23
    Prisión permanente revisable pro autor do triplo crime de Valga, José Luis Abet, nunha xornada na que o procesado polo crime de Chapela, Manuel Matanzas, foi declarado culpable (pola maioría do xurado popular) do asasinato dun home en xaneiro de 2021. Agora será a maxistrada da Sección Quinta da Audiencia de Vigo quen dictará a condena correspondente
    11 min
  • Crónica de Galicia - 24/03/23
    Mantemos hoxe a mirada no mar... Á primeira parada en Muxía, onde as forzas de seguridade traballan pra retirar do areal de Nemiña unha planeadora de 13 metros de eslora. Unha nova mostra da actividade dos narcotraficantes nas nosas costas. Xa no sector pesqueiro, o Ministerio amosa a súa preocupación pola falta de relevo xeracional. Crearán unha esa de traballo pra impulsalo, e buscar alternativas que garantan a continuidade do sector 1. Rosa Quintana responde ós bateeiros pedíndolles unha reflexión sobre a actual produción de mexillón A conselleira do Mar di que os produtores demandan cada vez máis semente de mexillón para poder producilo en menor tempo 2. González Formoso acusa a Alfonso Rueda de non atender ós intereses de Galicia tras anunciar un recurso de inconstitucionalidade contra o imposto ás grandes fortunas O secretario xeral socialista tamén cualificou de populista a lei que establecerá un canon ós parques eólicos mariños 3. Folga dos traballadores da CRTVG para denunciar as represións ós empregados que alertan da manipulación informativa Concentráronse en Compostela nunha nova xornada de reivindicacións que continuará mañá. Os servizos informativos están cubertos polos servizos mínimos 4. Continúa a retirada de cereal queimado na nave de Pontesa de Ponte Sampaio cinco meses despois do incendio no que faleceu un operario Os veciños quéixanse dos cheiros que chegan ata as súas vivendas pero nin a Xunta nin o Estado lles deron resposta
    45 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.