Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 7:45 - 24/03/23
    Traer emprego, rebaixas na factura da luz e outros beneficios socioeconómicos dos proxectos de enerxías renovables. Son os obxectivos da nova lei que prepara a Xunta e que trae esixencias para a eólica mariña: un canon para as infraestruturas que evacúan a enerxía ata terra. Non é a única nova relacionada coa industria das últimas horas. Ence vai solicitar a cualificación de proxecto estratéxico para a súa futura planta das Pontes, que recuperará papel e cartón e elaborará materiais coma papel tissue. Localizada coa quilla ó sol unha planeadora duns doce metros de eslora na praia de Nemiña, en Muxía. Trátase dun modelo de embarcación similar os que utilizan os narcotraficantes.
     
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 23/03/23
    o consello da Xunta iniciou hoxe os trámites pra futura lei que busca incentivar beneficios económicos e sociais en Galicia por empregar os recursos naturais. Unha norma que incluirá un canon pros parques de eólica mariña. Por outra banda, ENCE presentou a planta de celulosa reciclada que pretende instalar nas Pontes. Todo isto nunha xornada na que a Audiencia Nacional condenou a prisión ós 18 detidos pola operación antidroga na que se localizou o, ata de agora, maior laboratorio de procesado de cocaína de Europa nunha vivenda no concello de Cerdedo Cotobade
    10 min
  • Crónica de Galicia - 23/03/23
    Había denuncias das outras empresas participantes no concurso. Había queixas e denuncias dos usuarios por incumprimento dos pregos. E había advertencias políticas. BNG e PSOE cren que a conselleira non pode alegar ignorancia ante a sentenza do TSXG que ordena a COmpetencia investigar irregularidades na concesión de lilñas de transporte de viaxeiros. PIdenlle a Ethel Vázquez responsabilidades no que ven como un caso de connivencia coas emprEsas denunciadas. Veremos qué responde o goberno galego. Arestora o presidente da Xunta comparece tralo consello semanal, que INICIA o trámite dunha norma que pretende que os proxectos renovables deixen máis impacto no noso territorio - A patronal eólica considera esta lei un paso atrás principalmente pola futura empresa público-privada para proxectos de renovables O obxectivo é deixar máis beneficios nos concellos afectados pero a industria recorda que a Xunta xa recauda pra ese fin un canon eólico moi elevado - En plena semana da administración aberta, os cidadáns denuncian demoras e venda de citas previas Nas oficinas de estranxeiría hai ata seis meses de demora para conseguir ser atendidos, o que provoca a proliferación de revenda de citas e pagamento de xestorías - Sindicatos médicos denuncian presión ós facultativos coas novas medidas anunciadas polo Sergas Denuncia que se condiciona o pago do complemento salarial a facer xornadas de tarde ou encargar menos probas para intentar reducir as listas de agarda - Nova xornadas de paro e protestas dos bateeiros pola crise da mexilla. Concentráronse en San Caetano para pedir á Xunta que lles permita recoller cría do bivalvo en toda a costa. Rexeitan as novas áreas abertas porque estas, din, non teñen mexilla
    46 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.