Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 28/03/23
    Nueva Pescanova a piques de perde-la presenza galega no seu capital.
    Abanca, que conta co 97.8 por cento da propiedade, ten en marcha a venda da súa participación. Os dous aspiranets son a candense Cooke e o fondo de investimento californiano Platinum Equity. Amplo seguemento en GAlicia da folga de inspectores de pesca marítima. Case todo o persoal está hoxe ausente dos seus postos. MObilízanse contra unha instrucción que os obriga a estar dispoñibles dúas horas fora do seu horario Naturgy deixa de atender en galego ós seus clientes en horario nocturno. A empresa rompe o compromiso adquirido hai uns meses ante a Xunta e os traballadores, e foi eliminando traballadores do servizo de averías e incidencias de 10 da noite a 8 da mañá Particulares e empresarios da comarca de Vigo crean unha Plataforma galega de afectados polas comunidades de montes. Denuncian que estas entidades lles reclaman por vía xudicial terreos privados, alegando levantamentos catastrais do século 19. Temen perde-los seus negocios e vivendas No tempo, temos por diante outra xornada seca e de boas temperaturas.
    45 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 28/03/23
    Tra-lo nomeamento de José Miñones coma novo Ministro de Sanidade, anunciouse que Xosé Ramón Gómez Besteiro é o seu sucesor na delegación do Goberno en Galicia. Besteiro volve á primeira liña política 7 anos despois de dimitir como secretario xeral do PSdeG. Por outra banda, os socialistas presentarán unha batería de iniciativas no Parlamento Galego pra pedir a retirada do recurso contra o importo estatal as grandes fortunas, que presentou a Xunta ante o Tribunal Constitucional.
     
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 27/03/23
    Miñones quen cumpría este mércores dous anos como delegado do goberno en Galicia, convérteuse dende esta mañá no novo Ministro de Sanidade. Como anunciou o Presidente Pedro Sánchez, quen destacou a sua formación como Farmacéutico. Mañá tomará posesión do seu cargo no Palacio da Zarzuela en Madrid, nun acto presidido polo Rey Filipe Sexto.
     
    10 min
  • Crónica de Galicia - 27/03/23
    Reunión de Medio Rural coas organizacións agrarias ante o retraso dos contratos do sector lácteo. José González compromete vixilancia pra que se cumpran tódolos requerimentos nos novos contratos. Lembra que os custos seguen altos e aposta por estabilidade nos prezos Ante a escaseza de mexilla, os bateeiros xestionan a compra de mexilla fóra de Galicia. No Mediteráneo ou Portugal, onde hai a mesma especie de bivalvo. Unha medida desesperada, que os deixaría fora da denominación de orixe Os sindicatos do servizo de transporte de viaxeiros por estrada culpan ás baixas temerarias de Monbús e Alsa do bloqueo do seu convenio. Un bloqueo que os levará á folga este venres. Denuncian salarios de menos de mil euros por xornadas de ata 12 horas Os traballadores de GRI Towers, no Carballiño, enfrontan un posible expediente temporal. Afectaría a máis de 400 traballadores. A empresa, adicada ó sector eólico, asegura que propón a medida ante unha caída da produciÖN Canto ó tempo, xornada hoxe de ceos despexados e temperaturas en alza.
    45 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.