Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 7:45 - 23/03/23
    Reducir a tarifa da luz para os veciños, xerar emprego e deixar beneficios económicos en Galicia. Son algúns dos requisitos que porá a Xunta ós promotores de enerxías renovables. Esta mañá o consello da Xunta comezará o trámite da lei de aproveitamento dos recursos naturais. E continúa a operación antidroga que deixa de momento 11 persoas detidas na provincia de Pontevedra. E a desarticulación en Cerdedo-Cotobade do laboratorio de procesado de cocaína máis grande de Europa dos coñecidos ata o de agora. Atopábase na parroquia de San Xurxo de Sacos. Cidadáns colombianos e mexicanos lideraban a organización. Todo nunha xornada de paros dos produtores de mexillón aínda que con desacordo entre as diferentes organizacións.
     
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 22/03/23
    o consello da Xunta comezará tramitar mañá unha lei que permita aumenta-lo impacto económico en Galicia dos proxectos renovables. Así o anunciou Alfonso Rueda no Parlamento galego, onde o BNG esixíu que se retire a eólica mariña do plan de ordenación. Todo isto nunha xornada na que se confirma que o laboratorio de cocaína achado en Cerdedo-Cotobade ocultaba uns corenta kilos de droga
    10 min
  • Crónica de Galicia - 22/03/23
    O goberno galego prepara unha lei que obrigaría os promotores de proxectos de enerxías renovables a deixar unha maior pegada na nosa comunidade. Incluirá novos requisitos nas avaliacións de impacto que incluirán a creación de emprego ou os investimentos no territorio. Unha proposta que provocou a felicitación por parte do secretario xeral dos socialistas galegos, pero que o BNG cualifica de brinde ó vento. Lembra, como fan dende a plataforma "eólicos non así", que xa hai 77 co infore aprobado, e outros 150 en camiño, que aquí so deixarán impacto no medio amebiente Satisfacción pola sentenza do Tribunal de Xustiza que manda abrir expediente sancionador a Monbús e Alsa por repartirse o mercado de concesións Tras máis de 500 denuncias a asociación de transporte GALIBÚS indica que por fin se castiga o monopolio de Monbús que tantos problemas xera ós usuarios pola mala calidade do servizo *Polo menos seis detidos e grandes cantidades de cocaína incautadas nunha nova operación antidroga na provincia de Pontevedra Desartellouse un laboratorio de procesado de estupefacientes en Cerdedo-Cotobade... a investigación lévaa a Audiencia Nacional e esténdese a outras comunidades autónomas * Preocupación no sector lácteo ante o atraso das ofertas das industrias cando están a piques de rematar os contratos vixentes Unións Agrarias e Agromuralla lembran que están obrigadas a presentar oferta por escrito con dous meses de antelación. Temen que se estea creando outro cártel no sector *O concello de Pontevedra confirma a presentación dun recurso ante o Constitucional contra a sentenza que avala a permanencia de ENCE en Lourizán O alcalde, o nacionalista Fernández Lores, ve posibilidades de que prospere este recurso, que se suma ó da organización ecoloxista GREENPEACE
    45 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.