Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 7:45 - 22/03/23
    En medio das acusacións do partido da oposición sobre a xestión enerxética, a Xunta lanza un anuncio: creará unha sociedade público-privada para participar en proxectos eólicos e doutras enerxías renovables. O Goberno galego busca revestir os beneficios no territorio a través dunha 'utility', unha figura que non se utilizara ata o de agora en España no eido das renovables nunha autonomía. E continúan as queixas dos sindicatos, que non ven con bos ollos os plans anunciados por Sanidade para delimitar as axendas médicas de primaria a 40 doentes máis as prolongacións necesarias. Os representantes da mesa sectorial din que a solución é detectar as carencias e non de compensar as horas extra. En Tui, prisión provisional e sen fianza para a muller acusada de queimar unha vintena de coches na madrugada do luns.
     
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 21/03/23
    Boa tarde... o sector pesqueiro valora que os ministros de pesca da Unión Europea rexeitasen este luns o plan do comisario SINKEVICIUS pra elimina-la pesca de arrastre nas zonas mariñas protexidas. E a Xunta vai crear unha empresa público-privada para participar en proxectos eólicos e doutras enerxías renovables.
     
    10 min
  • Crónica de Galicia - 21/03/23
    Os sindicatos médicos non ven o acordo coa consellaría sobre as axendas de atención primaria tan preto coma o conselleiro. Cren que a cifra máxima de doentes por día debera ser máis baixa e que o texto debe servir pra decidir onde cómpren médicos de reforzo, non pra pagar prolongacións de xornada. Rematan os traballos de reparación na pista de Peinador. O aeroporto estará operativo a partir das catro desta tarde tras 5 voos cancelados e 4 desviados a Santiago durante a mañá Os axentes forestais e medioambientais galegos piden medios pra se protexeren no monte. Reclaman chalecos e armas cos que facer fronte a posibles situacións perigosas cos furtivos, e formar parte do protocolo do 112 Denuncian o abandono do Centro de Atención aos Maiores do concello ourensán de Taboadela. Traballadores e dirección alertan de filtracións de auga que danan a instalación eléctrica ou inutilizan o ascensor. A Xunta asegura que a responsabilidade é do concello, titular do inmoble No tempo, hoxe agardamos poucos cambios...
    45 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.