Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo A Coruña 8:45 - 13/12/22
    Os traballadores de Sodexo desconvocan as xornadas de folga que tiñan previsto dende hoxe ata o xoves. As negociacións coa empresa, que se encarga dos comedores de Inditex en Narón, veñen de fructificar no último momento. A dirección comprométese a acabar coa sobrecarga que obrigaba ós empregados a coller numerosas baixas laborais. - A Plataforma por un Transporte Digno en Ferrolterra convoca unha nova mobilización pro día 28. Baixo o lema "A Ruta dos Inocentes", marchará entre a estación de autobuses e o concello. - Hoxe, derradeiro pleno ordinario do ano na Coruña. O goberno local aínda non presentou proxecto de orzamentos. - Despois de case dúas semanas sen actividade, hoxe retómase o xuízo de Angrois en Santiago. - O mozo de Neda detido por roubar tres autobuses ingresa en Psiquiatría do Hospital de Ferrol. Tratou de atropelar ó seu pai e á súa irmá
    15 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 13/12/22
    Pronosticábase longa e así está sendo. A reunión dos ministros de pesca da UE pr fixar as cotas de 2023 reanúdase agora cun novo documento sobre a mesa no que de madrugda traballaron os técnicos.
    Stellantis abre unha nova liña entre Vigo e Liverpool para abastecer a planta que o grupo ten no Reino Unido.
    E hoxe reanúdase o xuizo do alvia... esta semana, a última de actividade este ano, xa comezará a intervención dos peritos
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 12/12/22
    A segunda xornada do cumio de pesca en Bruxelas continua arestora sen moitos avances pra determinar canto peixe poderán pescar os barcos o vindeiro ano. En Galicia preocupa especialmente a cota do Xurelo, que Bruxelas quere prohibir no norte de Fisterra, algo que, segundo a Xunta, perxudicaria a frota galega Tamén, visita da ministra de industria a Galicia. En Ourense, Reyes Maroto falou do reparto dos fondos next generation pra nosa comunidade en resposta a preocupación que trasladou o presidente da Xunta, esta mañá, sobre o apoio do goberno á industria galega.
     
    10 min
  • Crónica de Galicia - 12/12/22
    A deste luns pode ser unha xornada longa en Bruxelas onde os ministros de pesca deciden os TAC's e cotas de capturas para 2023. Ata a vindiera madrugada non se agarda o remte da reunión. O sector agarda que haxa unha rebaixa nas pretensións de recortes que presentan as autoridades comunitarias.
    No xurelo xa se da por feito un recorte drástico.... O cerco espera que se poida compensar con outras pespecies.
    Agora lles contamos en que estado están as negociacións.... Antes con Pablo Montero outros titulares deste luns.
    45 min
  • Informativo A Coruña 8:45 - 12/12/22
    A elección da Coruña como sede da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial suporá pra cidade a creación de máis dun milleiro de novos postos de traballo. Pro reitor da Coruña, que estivo en Radio Nacional, o máis importante será a proxección internacional da cidade e da universidade. Confía ademais en que axude a manter e retornar o talento investigador e tecnolóxico. - Os bombeiros de Narón desenvolven unha campaña de recollida de sinaturas para reclamar un aumento do cadro de persoal. - O goberno municipal de Santiago ten previsto aprobar hoxe tres actuacións no rural cun investimento superior ós 700 mil euros. - A Plataforma polo Transporte Digno de Ferrolterra celebra esta tarde unha asemblea para estudar novas mobilizacións
    15 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.