Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 7:45 - 12/12/22
    A deste luns pode ser unha xornada longa en Bruxelas onde os ministros de pesca deciden os TAC's e cotas de capturas para 2023. O sector agarda que haxa unha rebaixa nas pretensións de recortes que pretende as autoridades comunitarias.
    E, este domingo varios milleiros de persoas sairon á rúa pra denunciar o impacto que os proxectos eólicos teñen no rural galego.
    Deportes, En fútbol, segunda derrogta consecutiva do Lugo, neste caso cun rival directo para evitar o descenso, a Ponferradina,
    e, en baloncesto, derrota do Breogan co Barça en lUgo por catro puntos e triunfo do Obradoiro en Bilbao.
    O tempo.
    Estamos na influencia das baixas presións co paso dunha fronte activa asociada a unha borrasca situada ao noroeste do territorio, con chuvias persistentes que a partir do mediodía xa serán máis intermitentes
    15 min
  • Crónica de Galicia - 11/12/22
    As marchas contra a invasión eólica dos montes percorren aínda arestora moitas localidades galegas. Están convocadas pola coordinadora "Eólica, Así Non" e reclaman un modelo alternativo. Polo demais, pendentes do consello de ministros de Pesca da Unión Europea e da súa repercusión en Galicia. E no Grove, xa foi localizado o corpo sen vida do mergullador desaparecido este sábado. Na entrevista, contra ás dúas menos vinte, hoxe falamos co reitor da Universidade da Coruña, con Julio Abalde.
     
    1 hr 1 min
  • Crónica de Galicia - 10/12/22
    O Goberno e o concello da Coruña anuncian un convenio de forma inmediata para que a Axencia de Supervisión da Intelixencia Artificial comece a funcionar ao longo do vindeiro ano. É o compromiso transmitido pola vicepresidenta Nadia Calviño, que visitou a cidade. Por outra banda, imos coñecendo máis detalles da planta de hidróxeno verde de Meirama.
    31 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 09/12/22
    A Axencia de Supervisión da Intelixencia Artificial que se ubicará na cidade da Coruña estará operativa ó longo do vindeiro ano pero aínda non hai data concreta. Así o anunciou hoxe, na sua visita a cidade herculina, a vicepresidenta primeira do Goberno, Nadia Calviño, quen sinalou que o goberno e o concello da cidade xa están a traballar nun convenio que suporá o primer paso pra que a AESIA poida estar operativa canto antes
    10 min
  • Crónica de Galicia - 09/12/22
    O vindeiro ano estará en funcionamento a Axencia de supervisión da Intelixencia artificial. De inmediato xa se vai traballar no conveno correspondente pra poñe-la en marcha. Esta mañá a número dous do Goberno, Nadia Calviño, achegouse ata o exterior deste edificio desde o que emitimos, que será a sede da Aesia.
    A vicepresidenta referiuse a bonificación dos carburantes: limitarase ós colectivos máis afectados
    Na mesma liña, Calviño sinalou que o Goberno tamén estuda como evitar unha suba extrema das peaxes a partir do 1 de xaneiro
    26 min
  • Informativo A Coruña 13:55 - 09/12/22
    A vicepresidenta primeira do Goberno, Nadia Calviño, está hoxe na Coruña. A visita xira en torno á futura sede da Axencia de Supervisión da Intelixencia Artificial, que se ubicará na cidade herculina. Concretamente no edifico da Terraza, nos xardíns de Méndez Núñez. Un inmoble de titularidade municipal.
    Calviño adiantou que a próxima semana se comezará a traballar co concello no convenio pra poñer en marcha a nova sede e asegurou que estará operativa ó longo de 2023. A vicepresidenta tamén asegurou que se está a buscar unha ubicación alternativa pra RadioTelevisión Española, que actualmente ocupa o edificio da Terraza.
    Tras reunirse coa alcaldesa, Nadia Calviño tamén celebrou un encontro con algunhas das empresas punteiras en intelixencia artificial na cidade, como Abanca, Inditex ou Altia
    5 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.