Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 7:45 - 09/12/22
    A vicepresident Nadia Calviño estará esta mañá na Coruña pra coñecer a que vai ser sede da Axencia española de intelixencia artificial. Logo entrevistarase coa alcaldesa e ten previsto un encontro con empresas e axentes sociais.
    O sector pesqueiro está preocupado ante a próxima reunión dos ministros de pesca da Unión europea que van decidir os topes de captura pra o vindeiro ano. Agardan que non se aprobe o tac 0 pra o xurelo. o sector cre que se pode recuperar a especie sen medidas tan drásticas. Deportes. O lugo caeu no Anxo Carro co Spórting, Fran Justo non poido encadear tres partidos se perder e o Lugo segue en postos de descenso. O tempo. Hoxe Galicia quedará nun corredor de ventos do nordés que traerán aire frío. Baixan polo tanto as temperaturas máximas.
     
    15 min
  • Crónica de Galicia - 08/12/22
    A alcaldesa de Cangas interpreta como unha manobra preelectoral a dimisión dunha concelleira do seu grupo. Victoria Portas goberna agora só con outros dous edís nunha corporación de 21 concelleiros. A Xunta, coa lei de acompañamento dos orzamentos, abre a porta á xestión privada de residuos en solo rústicos. Propón unha modificción da lei do solo para permitir, segundo o alcalde de Teo, a actividade que pretende desenvolver Toysal na canteira de Casalonga. A Coruña pechará o ano con récord histórico de cruceiros. Neste 2022 chegaron á cidade herculina 138. O último en facelo, hoxe mesmo, o IONA, o sexto trasatlántico máis grande do mundo. En Ourense varias entidades sociais anuncia recortes na súa actividade ó quedar fóra das subvencións do cocello. A Asociación ourensá de Fibro-mialxia ou Alcer, adicada a doentes con enfermidades renais, son dúas das afectadas. O tempo. van seguir as chuvias.
    31 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 08/12/22
    Un arsenal de armas. Foi o que lle atopou a policía ós detidos na operaicón internacional contra o tráfico de drogas. Entreles estaba o ourensán, Carlos García Morales, o Matador, que retomou a actividade tras 10 anos en prisión.
    Os 19 de Meirás ven como a Audiencia da Coruña confirma o arquivo que os franco presentaron contra eles por despregar unha pancarta no pazo de Meirás.
    E, sobre a sede da Aesia, ante as críticas de varios presidentes autonómicos do PP, o presidente Alfonso Rueda defende a elección realizada polo Goberno
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 07/12/22
    Dúas toneladas de droga, numerosas armas e dezanove detidos, nunha operación internacional antidroga coa colaboración de Colombia e Estados Unidos. Entre os detidos, Carlos García Morales, un coñecido nacortraficante galego acumado Matador .
    10 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.