Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 19:50 - 16/09/22
    Indignación entre os armadores galegos pola decisión da comisión europea de vetar á pesca de fondo en 87 áreas entre Escocia e o Golfo de cádiz. Din que centos de barcos galegos están abocados o paro e que non quedarán de brazos cruzados. É unha das novas que deixa a xornada de hoxe..e que despertou as reaccións tanto do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, como da oposición. O xulgado de instrución número dous do Carballiño, en Ourense, decreta prisión provisional e sen fianza pra dous dos 5 detidos implicados no roubo de arte sacro nas provincias de Pontevedra e Ourense.  
    10 min
  • Crónica de Galicia - 16/09/22
    O sector pesqueiro galego prepárase para presentar recursos contra a decisión da Comisión Europea de prohibir a pesca de fondo en máis de 80 áreas protexidas do Atlántico Norte. Falan de momento negro para esta actividade en Galicia e desde a Xunta advirten: a decisión non afecta só ás embarcacións de palangre de fondo ou arrastre, senón indirectamente a toda a cadea pesqueira.
    45 min
  • Informativo A Coruña 8:45 - 16/09/22
    Os traballadores de Xeal iniciaron o seu calendario de mobilizacións para reclamar que se manteña a actividade industrial e o 100 por cento dos postos de traballo nas factorías de Cee e Dumbría, dedicadas á fabricación de ferroaleacións. Piden á Xunta que esixa o cumprimento das condicións da explotación dos saltos dos ríos Grande e Xallas. Múltiples queixas en Compostela, Teo, Ames ou na Baña polos atrasos e mal funcionamento do transporte escolar xestionado por Monbús. Medio millón de euros pra rehabilitar o Parque do Pasatempo de Betanzos Compostela Aberta acusa ó alcalde de Santiago de incumprimento da lei de Transparencia e de obstaculizar o papel da oposición Desbloqueado o proxecto de construción do polígono industrial de Leixa, en Ferrol
     
    15 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 16/09/22
    O sector pesqueiro está en pé de guerra: a comisión europea prohibe a pesca de fondo en 87 áreas, moitas de gran interés para a flota galega. A patronal Cepesca anuncia que estuda o inicio de accións legais contra unha medida que entrará en vigor 20 días despos da súa publicación no diario oficial da Unión europea. E temos que dar conta doutro accidente con maquinaria agrícola. Un home de 51 anos faleceu en Vila de cruces o envorca-lo tractor.
    O tempo
    Recuperamos a influencia anticiclónica, co avance do día o ceo xa vai quedar pouco nubrado ou despexado e as temperaturas máximas van volver pasar dos 30 graos en puntos do sur.
    A noite algo máis fría. Vexamos como empeza o día nas principais cidades.
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 15/09/22
    Galicia é dende hoxe a primeira comunidade autónoma en iniciar a campaña de vacinación ó sexo masculino contra o virus do papiloma humano. Un virus que aumenta o risco de ter cancro de cervix e produce na nosa comunidade 450 casos de cancro oral ó ano A xunta aprobou este xoves as axudas pra reparar os danos causados polos incendios forestais durante o pasado mes de xullo. Os primeiros en recibi-las serán os establecementos comerciaies, industriais ou turísticos
    10 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.