Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo A Coruña 8:45 - 14/09/22
    A Casa Cornide da Coruña volve estar á venda. A familia Franco púxoa de novo na web dun portal inmboliario. BNG e Marea Atlántica urxen ó equipo de Inés Rey a recuperar a titularidade deste inmoble, que nos anos 60 pasou de mans de Pedro Barrié de la Maza a Carmen Polo. É un dos asuntos centrais da xornada. O rexedor de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, confirma que volverá presentarse ás eleccións municipais. Será a sexta vez que encabece a lista socialista á alcaldía. A Universidade da Coruña triplicou a súa factura enerxética pola suba do gas e a electricidade. A de Santiago busca aprobar hoxe novas medidas de aforro. A plataforma por un transporte digno pra Ferrolterra anuncia novas protestas. O día 24 colasarán a autopista AP-9.
    16 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 14/09/22
    A Xunta estima que non van quedar en catro a persoas encarceradas por provocar incendios. O conselleiro de Medio Rural sinala que hai outras investigacións avanzadas. José González valora a colaboración cidadá e agrda que os detidos teñan que responder co seu patrimonio polos danos e o custe da extinción.
    Agora estamos pendentes de que as fortes chuvias destes dís non agravaran os danos provocados polo lume
    Porque continuamos na influencia da borrasca, van continuar os chuvas, aínda que ao final da xornada debilitarase rápidamente.
     
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 13/09/22
    As investigacións da policia comezan a amosar resultados tralos devastadores incendios que asolaron a nosa comunidade. Xa hai catro detidos acusados de provocar lume os nosos montes. Pese a todo, dende a Xunta insisten na importancia da participación cidadá pra investigación. No sanitario, continúan as protestas pola falta de médicos. Esta vez, na mariña lucense onde veremos a situación que están a vivir na localidade de Viveiro. E no sector da pesca, una boa nova. O líder socialista, Valentin Gonzalez Formoso, anuncia que o comisario europeo de pesca e medioambiente comprómetese a evaluar de forma inmediata as restriccións para a pesca de arrastre.
    10 min
  • Crónica de Galicia - 13/09/22
    Continúan as queixas pola falta de médicos.... agora na Mariña lucense. Os usuarios do Centro de Saúde de Viveiro denuncian que estes días só teñen tres dos sete médicos de medicina xeral previstos, e só un pediatra. Preocupación nos sectores mexilloeiro e marisqueiros polas perdas que está a ocasionar a persistencia da marea vermella. O Itecmar espera comezar a abrir algunhas zonas para o marisqueo pero as bateas terán que agardar máis tempo. Greenpeace critica o gasto que realizan as administracións en subvencionar
    conexións aéreas que non son rendibles. A organización ecoloxista di que non se xustiican nin desde o punto de vista económico nin ambiental. Cita os 10 millóns que o concello da Coruña gastou dende 2019. A xenómica e a música, xuntos por vez primeira pra loitar contra a enfermidade. Os asistentes a un concerto da Real Filharmonía vaiselles recoller unha mostra de saliva, antes e despois do evento, que permitirá indagar na reacción ó estimulo musical. No tempo, segue a inestabilidade e hai aviso amarelo por fenómenos costeiros nas Rías Baixas e na zona do Miño en Pontevedra.
    45 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.