Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo A Coruña 8:45 - 13/09/22
    Hoxe remata o prazo para enviar ó Goberno Central os plans estratéxicos da Axenda Urbana 2030. Concellos como o de Santiago aprobaron o documento en pleno, pero outros, como o da Coruña, non o someteron a debate e déronlle o visto bo en xunta de goberno. Un procedemento que foi moi criticado pola oposición na corporación herculina.
     
    16 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 13/09/22
    A investigacion relacionada cos incendios da os seus froitos: unha veciña de verín ingresa en prisión como presunta autora dos incendiso que se produciron nesta localidade ourensá a primeiros de agosto. A semana pasada outros tres homes foron tamén ó cárcere acusados tamén de poñer lume ó monte.
    E, desde hoxe viaxar a Benidorn, por exemplo, é máis doado. Renfe pon en marcha un servizo directo de alta velocidade desde Ourense... O tempo. Galicia continuará baixo a influencia dunha borrasca localizada ao oeste. Van continuar os chuvascos puntualmente fortes.
     
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 12/09/22
    Viaxar de Galicia a alicante en menos de 5 horas, será posible dende mañá.
    A Alta Velocidade unirá Ourense coa cidade alicantina. Trátase dunha liña directa que se suma á oferta de Renfe e que preve ter unha gran acollida. e mentres...Os problemasaa cos trens do eixo atlántico continuan. Os usuarios denuncian saturación e numerosos fallos técnicos que causan retrasos. Todo nun día no que a CIG volve convocar pra mañá outra xornada de folga nos centros de chamadas de toda Galicia pra reclamar un novo convenio digno pro sector que afecta na nosa comunidade a 8000 traballadores .
     
    10 min
  • Crónica de Galicia - 12/09/22
    Galicia quedará a partir de mañá conectada con Alicante a través dunha liña directa de Alta Velocidade. Os usuarios temen que esta nova conexión xere problemas para atopar billetes que conecten con Madrid o BNG propón modificar a lei de costas e a de cambio climático para protexer as empresas do sector mar-industria. A portavoz nacinal, Ana Ponton, que se reuniu co presidente de Anfaco, Juan Manuel Vieites, anunciou que van presentar dous proxectos lexislativos para non poñer en perigo a actividade das depuradoras. A Xunta leva a Bruxelas a súa queixa polo tratamento do lobo por parte do goberno central. Consideran excesivo o proteccionismo a esta especie, e así llo expuxo hoxe ó comisario europeo de Medio Ambiente. Expertos de todo o mundo buscan, dende hoxe, en Pontevedra, solucións ás pragas que afectan ás masas forestais. Este mes haberá outro sobre o desenvolvemento de cultivos resistentes que permitan convatir os problemas derivados, por exemplo, do cambio climático. No tempo, por diante unha tarde con aviso amarelo por choivas fortes no sur e suroeste da Coruña, Rías Baixas e zona do Miño en Pontevedra. Son as consecuencias de Daniela.
    46 min
  • Informativo A Coruña 8:45 - 12/09/22
    Iniciamos semana con chuvias, pero os concellos non as teñen todas consigo. Agora A Coruña e outros dez da comarca están tamén en prealerta por seca. Algúns, como Arteixo, abordan xa hoxe posibles limitacións ou recomendacións para un consumo de auga máis responsable. Outros, como Cambre, prefiren agardar. En Ferrol, a CIG-Saúde denuncia o desvío de cartos públicos a empresas privadas. Quéixase de que o SERGAS contrate compañías externas para o mantemento dos hospitais da cidade. O ministro de Presidencia, Félix Bolaños, reitera na Coruña o compromiso do Goberno co porto herculino. A Coruña tamén despide a Saleta Goy. A viúva de Manuel María pasou os últimos anos da súa vida na cidade. Xa nos Deportes, segunda victoria da temporada pro Deportivo. Gañou en Mérida por un gol a cero.
     
    15 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.