Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 7:45 - 09/09/22
    Cando empezamos a esquecernos da pandemia, as autoridades sanitarias lémbrannos que aínda está aí. Estamos coas cifras máis baixas de hositalizados e de casos activos pero coa chegada do outono reactívase a vacinación dos máis maiores. A partir do 26 empezará a aplicación da cuarta dose, cunha fórmula bivalente, ós maiores de 80 anos e ós ingresados en residencias.
    A Xunta non descarta reabrir os grandes centros de vacinación.
    Boas novas para as familias dos falecidos no naufraxio do Villa de Pitanxo. A súa demanda de que se baixe ó barcao par investigar as causas do afundimento vaise debater na eurocámara. O tempo.
    Galicia queda hoxe nunha situación intermedia entre altas e baixas presións. Xa non se agardan chuvias...Baixaron algo as temperaturas mínimas.
    15 min
  • Crónica de Galicia - 08/09/22
    Milleiros de familias cumpriron hoxe cun rito que da comezo á normalidade invernal, logo das vacacións do verán. Os nenos, e non tan nenos, regresaron hoxe ás aulas coa satisfación da volta á normalidade tras dous cursos marcados pola pandemia. Neste a novidade é a nova lei educativa, que non se notará demasiado. De feito, a Xunta non implantará os coordenadores de benestar, pra loitar contra o acoso escolar. Di o conselleiro que esa función xa está cuberta polos equipos de orientación - Nova protesta das traballadoras do Consorcio galego de benestar. Est mañá mobilizáronse ante a escola infantil de Eirís na Coruña en desacordo co procedemento posto en marcha pra estabilizar o emprego neste organismo dependente de Política Social. - Os traballadores de ENCE retoman as mobilizacións o próximo día 30. Fano en defensa da permanencia da pastiera na ría de Pontvedra. Agora mesmo a fábrica está parada debido a escaseza de auga. - Novos paros en Stellantis pola falta de microchips. A factoría de Vigo comunicou os traballadores a suspensión da actividade industrial dos dous sistemas de produción na xornada do sábado e no sistema 2 no turno de noite deste domingo. - A Comisión de Peticións do Parlamento Europeo aproba a petición das familias do Villa de Pitanxo Debaterá este mesmo mes de outubre sobre a necsidade de realizar unha investigación independente, á marxe da xudicial, do naufraxio
    26 min
  • Informativo A Coruña 8:45 - 08/09/22
    Manifestación arestora na Coruña para demandar melloras nos centros da Galiña Azul. Na provincia hai 60 escolas afectadas. Representantes da CIG e UGT realizan hoxe un reparto informativo entre os usuarios dos buses ALSA en Ferrolterra. Será a partir das dez menos cuarto. Os traballadores da empresa Xeal, antes Ferrolatlántica, anuncian mobilizacións pra este mes en protesta polas suas condicións laborais. Comezarán o día 15.
    15 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 08/09/22
    Xornada sinalada, de volta ás aulas.... que marca o final do verán.
    Primeiro día de madrugón para máis de 300 mil alumnos.... un curso xa sen protocolo covid e con cambios nos cursos impares pola entrada en vigor da nova lei educativa.
    Este xoves, o Consello da Xunta aproba a ampliación do calendario de vacinas.
    E, sobre os incendios, unha xuiza da Pobra de Trives ordena o ingreso en prisión de tres homes acusados de provocar unha decena de lumes. Un deles, de 19 anos, é un brigadista. O tempo. Hoxe Galicia continuará baixo a influencia da borrasca centrada sobre as Illas Británicas, pero partir do mediodía iranse abrindo grandes claros.
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 07/09/22
    O consello da Xunta sumará mañá tres novas vacinas ao calendario de vacinación galego. A do papiloma Humano pros nenos, a da meninxite B e a da gripe infantil. Vellas demandas das asociacións de pediatría. E a escasas horas de que de inicio o curso escolar en Galicia, Sindicatos e Profesores continúan manifestándose contra os recortes na educación. Arestora uniranse as protestas os veciños de Cee convocados pola CIG e a plataforma en defensa do ensino.
    10 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.