Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 07/09/22
    O calendario de vacinación galego incorporará este curso dúas das vellas demandas das asociacións de pediatría. Os cativos recibirán a vacina da meninxite B, e tamén se incorpora, pros varóns, a do papiloma humano. Son as dúas principais novidades dun calendario no que a Xunta quere facer fincapé en que os adultos tamén temos que vacinarnos. E non só da Covid19, na que polo de agora non haberá máis doses agás pra colectivos vulnerables.
    45 min
  • Informativo A Coruña 8:45 - 07/09/22
    O desprendemento de chispas dunha radial sobre un bote de pintura: posible causa do incendio do polígono de Narón Os colexios Santa Eulalia de Dumbría e o Areal de Camariñas súmanse ás protestas polos recortes de profesorado A máscara xa non será obrigatoria pra acceder á Catedral de Santiago Nos deportes, o Deportivo renova ó porteiro Ian Mackay ata xuño de 2024.
    16 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 07/09/22
    As viaxes recorrentes nos tres Avant entre Ourense-Santiago e A Coruña tmén son de balde. A medida aprobada polo consello de ministros ten carácter retroactivo desde o primeiro de setembro. Lugo pide non quedar á marxe destes descontos.
    Hoxe protgonismo tmén para os familiares dos mortos do Villa de Pitnxo: en pouco máis dunha hora van ser recibidos en audiencia polo Papa no Vaticano
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 06/09/22
    As empregadas do fogar xa poden contar coa prestación de paro... O Consello de ministros aporbopu o decreto que recoñece este dereito das traballadoras. Con todo dende este sector non confían en que todos os criterios aprobados no decreto se cumplan na práctica. Criterios como a garantía dun salario mínimo do que falou esta xornada o Lider dos socialistas galegos, Valentín González Formoso co presidente da Patronal galega. Ambos mandatarios creen que non é o momento pra subir o soldo dos traballadores dadas as dificultades da crise enerxética.
    10 min
  • Crónica de Galicia - 06/09/22
    Os abonos que permiten viaxar nos trens de media distancia galegos de balde poñen á vista as costuras dun servizo que xa era, antes destas bonificacións, un dos máis utilizados de España, pero tamén un dos que máis queixas recibía por parte dos usuarios. Faltan prazas, din os usuarios, pra atender toda a demanda, e sobre todo, frecuencias e trens nos horarios de mais demanda. Algo ó que se unen sindicatos ou políticos. Outros lembran que eles non teñen tren, e piden que os seus transportes alternativos tamén se vexan rebaixados.
     
    45 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.