Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 7:45 - 12/09/22
    Sopresa e indignación na familia de Déborah Fernández, a moza que apareceu morta no Rosal. 20 anos despois aparece material, descoñecido ata agora, relacionado coa investigación, nunha comisaría de Madrid. Foi a propia policía a que comunicou a localización de, entre outras cousas, un teléfono movil, pero sen a tarxeta de memora.
    Deseguido buscamos máis datos desde Vigo....E temos que dar conta de dúas mortes en accidentes con maquinaria agrícola. Un veciño de Taboada morreu mentres manexaba unha rozadoira, e en Silleda faleceu outro home tras caer cunha segadora por un desnivel
    15 min
  • Crónica de Galicia - 11/09/22
    Axenda política do PSOE hoxe na Coruña, coa participación do ministro de Presidencia, Félix Bolaños. Manifestación en contra dos recortes no ensino en Santiago e a prol da Sanidade Pública en Moaña. Despedida ademais a Saleta Goy, viúva de Manuel María
    31 min
  • Crónica de Galicia - 10/09/22
    Vai quentando motores o curso político. Este sábado xa con Consello Nacional do BNG en Teo, e populares e socialistas participando en diversos actos pola xeografía galega. A pandemia mantén os datos á baixa, mentres no Día Mundial de Prevención do Suicidio se escoitan voces pra que se aplique un plan real para paliar esta lacra
    31 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 09/09/22
    Boas novas pros familiares do villa de pitanxo. Tras sete meses loitando pra que se baixe ó pecio afundido en augas de terranova, agora abrése-lles unha nova vía de esperanza trala aceptación da audiencia nacional pra asumir a investigación do naufraxio.  O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anuncia medidas pra paliar os efectos da inflación. Mentres, a CIG propón unha serie de medidas urxentes coa mesma finalidade.
    10 min
  • Crónica de Galicia - 09/09/22
    Aínda falta un mes pero xa está a maquinaria en marcha pra prepara-la celebracion do macro-xuizo polo accidente do tren Alvia en Angrois... máis de 9 anos despois do sinistro centos de avogados atenderán a máis de 160 víctimas, nunha vista na que van a declarar centos de testemuñas... e que será seguida por numerosísimos medios de comunicación. Un reto que non se pode atender axeitadamente nunha sede xudicial, polo que a Xunta prepara xa un dispositivo especial pra súa celebración, no edificio CINC do Gaiás... - A CIG quere evitar a clase traballadora acabe sufrindo pagando os efectos da crise e a escalada de prezos. Pra iso pide unha tarifa eléctrica galega, un incremento salarial do 4,50% e conxelar as clausulas das hipotecas variables e dos alugueiros. - A situación sanitaria no Morrazo non mellora tralo periodo estival. En Moaña ata o 16 de setembro só hai un médico pola tarde ademáis as urxencias continúan derivándose a Cangas. Nesta localidade só hai pediatra pola mañá. - Promoción da pesca de cerco no mercado do Progreso, en Vigo. Durante toda a mañá as pescantinas ofrecen información aos seus clientes sobre este tipo de peixe. A actividade repetirase o vindeiro venres na praza de Lugo, na Coruña. - Unións Agrarias alerta de ofertas de compra de leite que poden resultar unha fraude. Algunhas de ata 50 céntimos por litro. Antes de acpeta-las piden que analicen a súa procedencia, pois hai primeiros compradores un longo historial de impagos.
    44 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.