Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 7:45 - 01/09/22
    Setembro comeza con descontos no transporte. Do máis novidoso, os buses interurbanos da Xunta, que dende hoxe saen un 50 por cento máis baratos, igual que o transporte na ría de Vigo e o tren de proximidade na área de Ferrol. Tamén inician o mes con rebaixas os autobuses de cidades como A Coruña, Vigo e Santiago. Neste caso, dun 30 por cento e a conta do Ministerio de Transportes. En canto ó tren, máis de quince mil galegos poden viaxar de balde dende hoxe grazas ós abonos de Renfe. O Goberno avanza ademais que prevé estender eses bonos gratuítos á liña Santiago-Ourense. E completando os anuncios, a propia compañía ferroviaria anunciaba a última hora que vai aumentar a oferta semanal en Galicia con catorce mil prazas máis
    15 min
  • Crónica de Galicia - 31/08/22
    Xornada de anuncios pros usuarios do transporte público en Galicia. Os usuarios dos buses que dependen da xunta terán dende mañá un 50% de desconto se teñen abonos ou tarxetas multiviaxes. O goberno galego únese así ás medidas de aforro enerxético aprobadas polo goberno nacional, que no seu caso afectan ó transporte por Ferrocarril. As peticións de abonos triplicáronse, segundo a Ministra portavoz que hai uns minutos anunciaba en VIgo que o traxecto entre SAntigo e Ourense tamén contará con esta vantaxe. Estase tramitando pra que así sexa - O conselleiro de educación desbota as demandas das anpas de aumenta-lo apoio á diversidade Román Rodríguez apela ós bos datos galegos no informe PISA, que avala o sistema educativo galego como o máis inclusivo de España. O BNG propón un programa extraordinario de bolsas anticrise para o inicio de curso. - A conselleira de infraestructuras pon de exemplo ós concellos da marxe dereita da ría de Arousa na súa xestión da auga Concellos nos que é a Xunta quen asume a xestión de abastecemento en alta desde o Ulla. Unha medida que promove a lei do ciclo da auga. Mentres, o Lérez segue baixando, pero confían na chuvia dos vindeiros días pra palialo. - A seca provocará unha caída da produción de pataca da Limia Algo de marta - A Xunta activa un teléfono pra denunciar fraudes de xeito anónimo na campaña da vendima Trátase de evita-la entrada de uva foránea, tanto en parcelas como en adegas, ou a falsificación de etiquetas, entroutras irregularidades
    31 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 31/08/22
    O titular da seca escríbese hoxe con "p" de polémica. A protagonizada nas últimas horas polo concello de Vigo e a Xunta. Botan as culpas mutuamente da situación de desabastecemento que pode sufrir a área olívica malia contar con máis reservas de auga ca outras zonas. En Ourense, non haberá de momento moción de censura contra Jácome, despois de que a dirección socialista desautorizase un pacto co PP. E nos lumes, tres a esta hora na provincia ourensá, pero de evolución favorable
    15 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 31/08/22
    O titular da seca escríbese hoxe con "p" de polémica. A protagonizada nas últimas horas polo concello de Vigo e a Xunta. Botan as culpas mutuamente da situación de desabastecemento que pode sufrir a área olívica malia contar con máis reservas de auga ca outras zonas. En Ourense, non haberá de momento moción de censura contra Jácome, despois de que a dirección socialista desautorizase un pacto co PP. E nos lumes, tres a esta hora na provincia ourensá, pero de evolución favorable.
     
    15 min
  • Crónica de Galicia - 30/08/22
    O presidente da Xunta defende o esforzo realizado pola Xunta pra aumentar nun 50% as axudas pra libros e material escolar ante o inicio do novo curso. Tamén recalca que se manteña, en xeral, o número de docentes do pasado ano. Mentres, as familias salientan que o foco debería estar na redución de ratios e a atención á diversidade, un investimento en futuro que sería rendible en termos sociais e económicos.
    31 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 30/08/22
    A polémica polos libros de texto centra a volta á axenda política. Mentres a oposición aposta pola gratuidade, o PP defende o modelo resdistributivo. Ademais, o conselleiro de Educación asegura que este curso se manterá un número de profesores semellante ó ano pasado. A vista posta un día máis nos lumes, agora con dous focos activos en Cenlle e Oímbra, na provincia de Ourense. E cita tamén este martes nos tribunais... Audiencia preliminar polo triplo crime de Valga. Fiscalía e acusación particular piden prisión permanente revisable pro autor confeso da morte a tiros da súa ex parella, a cuñada e a nai de ambas.
     
    15 min
  • Crónica de Galicia - 29/08/22
    A pouco máis dunha semana da volta ó cole, as familias teñen por diante un gasto ineludible, o dos libros de texto. BNG e PSOE lamentan que se requira un esforzo así en plena crise de prezos, e reclaman á Xunta a volta á gratuidade.... Un sistema que implantou o bipartito e que estivo vixente ata o 2009, cando o xa ex-presidente Alberto Núñez Feijoo, o eliminu á súa chegada ó goberno. O PP defende que as axudas ás familias con rendas máis baixas, que aumentarán este curso, son máis xustas que unha gratuidade xeralizada.
    31 min
  • Informativo Galicia 8:45 - 29/08/22
    Polémica polo uso obrigatorio de máscara na Catedral de Santiago. Unha asociación requeriu á Igrexa que retire esa esixencia, por entender que é ilegal unha vez levantadas as restricións da pandemia. Expertos da UNESCO visitan estes días as comarcas de Ferrolterra e Ortegal para avaliar o proxecto de xeoparque de Cabo Ortegal. En crónica de sucesos, hai que lamentar dous falecementos. Un pescador morreu este domingo en Narón logo de caer desde o alto dun cantil, e en Betanzos, outro home perdeu a vuda ao caer ao río Mandeo
     
    15 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.