Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 7:45 - 25/08/22
    Utilizar o tren en Galicia era unha cuestión de prezo. Iso é o que parecen dicir as longas colas rexistradas no primeiro día para solicitar o abono pros convois de cercanías e media distancia. Agora os usuarios demandan un aumento das frecuencias nas horas punta. En canto á seca, de momento non hai novas restricións. Pero Augas de Galicia segue a reunirse hoxe cos concellos en prealerta. Mentres, no tempo, non agardamos grandes cambios. Destacamos, iso si, que a pasada tarde rexistramos máis de 500 raios, concentrados sobre todo na comarca de Lemos e a montaña de Lugo. Iniciamos agora percorrido polas emisoras para ver como amencemos hoxe.
    15 min
  • Crónica de Galicia - 24/08/22
    Iniciamos hoxe esta crónica de Galicia cunha boa nova: o visto e prace da Comisión Europea ó programa de cooperación transfronteriza España e Portugal. Máis de 300 millóns dispoñibles pra proxectos que van dende a transición ecolóxica á cooperación sanitaria... Un traballo conxunto no que a eurorrexión Galicia Norte de Portugal leva moito camiño andado, polo que será a que reciba unha maior porción dos fondos. En novembro, cando saia a convocatoria, poderemos presentar entre 100 e 150 proxectos.
    31 min
  • Informativo Galicia 8:45 - 24/08/22
    A veciñanza de Sanxenxo mobilizarase este sábado en protesta pola precariedade dos servizos sanitarios do concello. No centro de saúde de Baltar a única atención médica que se presta nestes momentos é a de urxencias. As asociacións de familiares de usuarios de residencias de maiores denuncian que na provincia de Ourense hai máis de 350 persoas que agardan praza, cunha espera media de 10 meses. Da industria, o comité de empresa de Xeal, antiga Ferroatlántica, pide máis empregos a cambio dos seus novos proxectos hidráulicos.
    15 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 24/08/22
    Galicia preparase para que a seca se prolongue. Esta mañá todos os concellos da conca do Tambre, Santiago incluido, reunese con Augas de Galicia para buscar solucións coordenadas ante a baixada do caudal no río. Son algunhas das medidas que se están a implementar ante a falta de auga. Mentras, o goberno xa aprobou as axudas para os concellos afectados polos grandes incendios ou aqueles que chegaran a núcleos de poboación. Finalmente hai 20 incendios galegos incluidos. No tempo, esta tarde poden caer treboadas con chuvia e saraiba no interior de Lugo e Ourense.
     
    15 min
  • Crónica de Galicia - 23/08/22
    Galicia ten dúas concas en alerta por seca, as do Limia e o Cabe, e seis en prealerta, as dúas do Sil e as do Lérez, Anllóns, Grande e Tambre. Cada nivel de risco leva consigo distintos tipos de medidas, mecanismos que deben servir pra evitar que nos vindeiros meses non haxa auga que xestionar. Un reto nunha comunidade na que moitas zonas dependen de auga corrente pro seu suministro. A xestión da auga debe cambiar, segundo os expertos, pra ter en conta periodos sen chuvias máis longos. A capital galega, polo de agora, non adoptará novas restricións, pero non as descarta en vindeiras semanas.
    31 min
  • Informativo Galicia 8:45 - 23/08/22
     Os concellos seguen tomando medidas para paliar a falta de auga. É o caso dos municipios da conca do Tambre, xa en prealerta por seca, á espera da Xuntanza de mañá con Augas de Galicia. Na Coruña, hoxe comeza a funcionar o novo autobús propulsado por hidróxeno que percorrerá a cidade duranten unha semana. Trátase dunha experiencia piloto promovida pola Autoridade Portuaria O concello de Vilagarcía pide á Xunta un novo protocolo, máis rápido e eficaz, para controlar a calidade sanitaria das augas das praias.
     
    16 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 23/08/22
    Volveron os incendios forestais e o fixeron ameazando as casas no barrio da Moureira en Moaña. Os veciños foron os primeiros en poñerse a loitar contra as lapas. Tamén en Ponteareas declarouse a alerta 2. Mentras hoxe o goberno aproba en Consello de Ministros axudas para os concellos afectados por grandes incendios forestais, é dicir os e maís de 500 hectáreas. E a seca que se extende ao río Tambre onde se declara pre alerta. No tempo, a previsión apunta que se manterá a calor que estará por riba dos 30 graos no sur e interior da comunidade. 
    15 min
  • Crónica de Galicia - 22/08/22
    Reunión en Sanxenxo pra estudar mobilizacións pola situación sanitaria O BNG cre que a morte dunha doente á que se lle negou unha ambulancia é a proba do caos sanitario galego. O PP acusa ós nacionalistas de instrumentalizar este caso. Xa son 95 os casos rexistrados de variola do mono en Galicia A meirande parte son homes, cunha idade media de 37 anos. Canto á Covid, cifras do mes de novembro pasado tanto nos casos activos coma nos ingresados Sen avances no conflicto aberto entre os traballadores do consorcio de benestar e a consellería de política social... A folga pro mes de setembro segue en pe. Os convocantes denuncian que dende o goberno galego non houbo ningún contacto con eles pra tratar de freala. As autocaravanas manteñen o auxe malia a suba dos prezos dos combustibles Dende o Grove falan de "invasión" duns vehículos que conlevan xestión de agua ou de residuos. Piden unha normativa que obrigue a acampar únicamente en lugares habilitados. Canto ó tempo, xornada de contrastes, con nubes ó norte e calor ó sur. A conca do Miño nas provincias de Ourense e Pontevedra está en alerta amarela por altas temperaturas.
    29 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 22/08/22
    A seca é un asunto de gravidade para a Xunta. Así o dixo a Conselleira de Infraestructuras no micrófonos de Radio Nacional. Éthel Vázquez avanza que as restricións van ser necesarias porque non se agardan chuvias importates a curto prazo. Mentras, os concellos afectados pola nova prealerta por seca nos ríos Tambre e Grande anuncian que esta semana adoptarán medidas para facer un consumo máis responsable da auga. E a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Sanxenxo vai estudar hoxe mobilizacións en protesta pola falta de medios e facultativos no Punto de Atención Continuada e no Centro de Saúde de Baltar. Esta tarde hai convocada unha xuntanza con partidos políticos, sindicatos e organizacións sociais. No tempo, a previsión apunta que se manterá a calor con algo de nubes nalgúns momentos do día.
    15 min
  • Crónica de Galicia - 21-08-22
    A seca e a Sanidade centran os argumentos informativos deste domingo.
    Din as previsións que a falta de médicos nos centros de saúde pode prolongarse aínda varias semanas máis. Aumentan así as críticas das plataformas en defensa da Sanidade Pública. E comezamos semana coa vista posta nas medidas que van adoptar os concellos afectados pola nova prealerta por seca nos ríos Grande e Tambre. Precisamente a seca centra hoxe o noso espazo de entrevista. Falaremos coa conselleira de Infraestruturas, Éthel Vázquez.
     
    31 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.