Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 20/08/22
    As previsións meteorolóxicas non dan respiro en Galicia e o pronóstico segue a anunciar falta de chuvias, polo menos, durante as próximas dúas semanas. Por iso a Xunta decidiu non agardar máis e ampliar a prealerta por seca ós ríos Tambre e Grande, que abastecen a municipios da zona de Santiago e a Costa da Morte.
    Na práctica isto supón novas restricións pro consumo de auga en Galicia.
    31 min
  • Crónica de Galicia - 19/08/22
    Os ecoloxistas advirten dos riscos que poden chegar despois dos lumes... Con máis de 42 mil hectáreas queimadas, piden medidas pra evitar que máis dun milllón de toneladas de cinsa contaminen os ríos e o mar. A Xunta asegura que traballa pra evitar escorrentías e arrastres. A pouco máis dunha semana pra celebración da Festa da Istoria de Ribadavia, o concello segue sen resolver a falta de auga Milleiros de persoas visitarán a capital do Ribeiro, único municipio en estado de emerxencia pola escaseza de auga. O consitorio critica a falta de apoio por parte da Xunta O encarecemento do papel pon en alerta ao sector editorial. Subiu máis dun 30% no que vai de ano. Algo que repercute no custo de publicar libros, e na economía das editoriais, especialmente das de menor tamaño Galicia ten a maior siniestralidade de España respecto ó número de asalariados UGT asegura que os accidentes laborais aumentaron un 25 por cento no primeiro semestre, que deixa 45 traballadores mortos No tempo, ceos solleiros e secos de novo.
    31 min
  • Informativo Galicia 8:45 - 19/08/22
    O Sergas defende a actuación no caso da muller que faleceu no PAC de Blatar, en Sanxenxo, logo de negárselle unha ambulancia. Dí que na chamada de alerta non se detectaron "criterios de gravidade". O caso está a ser investigado por un Xulgado de CAmbados. Unidas Podemos e o BNG opóñense a deslocalización do servizo de atención ó cliente da empresa Teleperformance da Coruña a Colombia. Denuncian que supón a perda de máis de 100 postos de traballo. O concello de Ourense non optará as bonificacións do 30% para o bus urbano, disposto polo Goberno. Gonzalo Pérez Jácome, alcalde da cidade, apunta a que xa contan cunhas tarifas das máis económicas de España Vigo é tras Sanxenxo, a cidade galega con máis pisos turísticos. 775 vivendas, supera así as 681 de Santiago. Inmobiliarias, grupos políticos e hostaleiros reclaman unha normativa.
    16 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 19/08/22
    Nova polémica en torno á Sanidade. O PSdeG acusa á Xunta de actuar de maneira neglixente na morte dunha muller á que se lle negou unha ambulancia e tivo que ser trasladada polo seu home ó centro de saúde de Baltar, en Sanxenxo. O SERGAS asegura que non foi un problema de falta de medios e insiste en que os datos que se aportaron na chamada ó 061 non facían pensar na necesidade dunha ambulancia. Tamén apunta que a muller chegou ó PAC dúas horas despois da chamada e xa estaba morta. Por outra banda, xa están apagados tódolos lumes que nos últimos días asolaron Galicia. E quedámonos cun dato económico: 14.406 millóns. Cifra récord de exportacións no primeiro semestre en Galicia.
     
    15 min
  • Crónica de Galicia - 18/08/22
    Un xulgado de Cambados investiga a morte dunha muller no Grove tras non recibir unha ambulancia Chamaron ó 061 e pediron auxilio, pero os operadores dixéronlles que non había vehículos dispoñibles. Finalmente trasladouna o marido, pero acabou falecendo no PAC. Os efectivos contra incendios reclaman melloras económicas e laborais pra evitar precariza.lo sector. Denuncian agravios comparativos entre traballadores que fan as mesmas funcións. E esixen a Medio Rural que recorra as sancións por exceso de velocidade dos conductores cando acuden a servizos Vigo é, tras Sanxenxo, a cidade de galicia con máis vivendas de alugueiro turístico. Inmobiliarias, grupos políticos e hostaleiros reclaman unha regulación municipal. Denuncian que diminúe o alugueiro de residencia e provoca subas de prezos Este ano a costeira do bonito non rematará a mediados Agosto, como era habitual Só se capturou o 53% da cota dispoñible cando o ano pasado xa rematara a campaña. Ainda que a escaseza provocou un alza nos prezos. Canto ó tempo, atrás quedan as chuvias e volven os ceos despexados.
    31 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 18/08/22
    As últimas chuvias non abondaron e os encoros galegos seguen case á metade da súa capacidade total. A seca vaise estendendo pola comunidade e cada vez son máis os concellos que adoptan medidas preventivas. Algúns, como o de Ames, xa anuncian posibles cortes de auga pra finais deste mes. E en Vigo, prohíben reencher piscinas e rebaixan a presión das duchas públicas. Titular tamén esta mañá pra demografía.
    Ata mediados de ano só se contabilizaron 38 nacementos diarios. Os partos caeron dez puntos coa pandemia e hai só un por cada tres mortes.
    15 min
  • Crónica de Galicia - 17/08/22
    As restricións pola falta de auga chegarán tamén á comarca de Santiago
    O caudal do Tambre segue baixando, e Santiago estuda edidas pra inicios de setembro. Ames anuncia cortes na subministración, polas noites, que comezarán en dúas semanas. A vaga de incendios que afectou a Galicia durante este verán chega a Fiscalía e a Valedora do Pobo. A plataforma por un Monte Galego con Futuro denuncia o "desleixo" da Xunta que afectou ecosistemas de grande valor. Medio Rural da por extinguido o incendio da serra de Queixa. As protestas pola falta de sanitarios chegan hoxe a Marín. Nas urxencias do PAC da localidade non houbo médico durante dous días, segundo a Plataforma en defensa do Centro de Saúde do Seixo. En Verín, o hospital reprograma operacións pola presenza dun fungo en quirófanos Actos en celebración do Día da Galiza Martir en distintos puntos de GAlicia
    A fundación que leva o seu nome, e a súa familia, lembran a Alexandre Bóveda, asasinado no 36, e con el a todolos represaliados. Este ano con presenza do PP Canto ó tempo, comezan a remitir as chuvias.,
    31 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.