Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 13/08/22
    Por primeira vez desde hai un mes nunha fin de semana, os grandes incendios forestais que castigan Galicia semellan dar un tregua... Con todo hai ainda cinco lumes sen extinguir pero as perspectivas son boas. O peor é o de Laza e Chandrexa de Queixa que leva queimadas 2.100 hectáreas pero que a Consellería de Medio Rural considera que evoluciona cara a súa estabilización. Polo demáis nesta fin de semana, a máis festiva do ano, regresa trala pandemia, entre moitas outras, a Maruxaina. Increméntanse as medidas de seguridade para evitar sucesos como o ocorrido na última de 2019, na que se gravaron a mulleres ouriñando e esas imxes acabaron en páxinas webs pornográficas. As afectadas recoñecen que nada será como antes.
     
    31 min
  • Crónica de Galicia - 12/08/22
    A CIG denuncia un novo recorte de aulas e profesores en educacion infantil e primaria. O Diario oficial publica hoxe unha modificación da orde de postos de traballo, que implica o peche de 59 unidades en total. Iso supón prescindir de arredor de cen docentes Galicia rexistra a inflación máis alta dende setembro de 1984 Tras coñece-los datos de xullo, a nosa comunidade sitúase un punto por riba da media nacional, no 11,5% anual. Ainda non recolle a baixada dos combustibles, máis acusada en agosto Un decreto da xunta forzará a presenza de farmacias de garda a 15 minutos dos PAC Pros farmacéuticos será unha mellora na atenci´no os doentes, especialmente no rural. É unha das principais novidades dun proxecto que tamén unificará os horarios das boticas No tempo agardamos un tarde solleira despois de que levantara brétemas e néboas.
    29 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 12/08/22
    Pechamos a segunda semana de agosto, nun mes no que xa arderon 7.000 hectáreas en lumes forestais. Unha cifra que non vai quedar así porque en Ourense seguen ardendo catro incendios o que aumentará a superficie. Todo isto se produce cunha seca que lonxe de remitir vai estendéndose por case toda a nosa xeografía. Xa hai 325 mil galegos que residen en concellos que xa están en alerta pola seca. A cifra pode duplicarse se se contan os turistas que visitan estas zonas. No tempo, non se agaradan chuvias e o día amence con néboas e nubes baixas densas que irán despexando co avance da xornada...
     
    15 min
  • Crónica de Galicia - 11/08/22
    As treboadas de onte á tarde evitaron unha noite crítica na serra de queixa e na comarca do Ribeiro Arenteiro, onde as vivendsa comezaban a estar en perigo, pero non foron abondas pra atallar uns lumes que nas últimas 48h queimaron máis de 2 mil hectáreas en Ourense. Hoxe seguimos atentos á súa evolución, mentres ducias de medios se drespregan pra tratar de evitar que os fortes refachos de vento muden o seu camiño cara lugares indesexados. Malia ás apelacións a intencionalidade da meirande parte dos lumes, só hai un detido, en Coristanco, acusado dun pequeno conato.
     
    31 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 11/08/22
    Noite complicada a pasada na provincia de Ourense onde os lumes forestais volveron a queimar centos de hectáreas de monte e a poñer en perigo a núcleos de poboación. De feito declarouse a alerta dúas no distrito forestal de Ribeiro-Arenteiro e antes xa estiveran nesta situación no Carballiño e Boborás. Entre todos os da provincia superan as 1.400 hectáreas . Hoxe o Sergas inicia un protocolo de actuación ante casos sospeitosos de submisión química en Galicia. O protocolo define as substancias máis habituais e os indicadores de sospeita que o persoal sanitario deberá ter en conta. No tempo agardamos ceos con máis nubes e mesmo con chuvascos e treboadas dispersas.
     
    15 min
  • Crónica de Galicia - 10/08/22
    Preto de 40 mil hectáreas queimadas no que vai de verán en Galicia, e a cifra segue aumentando. Lumes con velocidade de propagación inusitada, dicía o conselleiro de Medio Rural que volve insistir en que a maioría son intencionados. As investigacións déixannos outras novas, o da península do Barbanza, porén, comezou nunha cheminea particular. Mentres, as lapas volven a Carballeda de Valdeorras, a Laza ou Chandrexa, levando por diante masas forestais moi afectadas polo abandono do rural.
    31 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.