Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 07/08/22
    Xa non hai perigo para os núcleos de poboación que estaban afectados polo incendio de Ponte Caldelas. A Xunta desactivou a situación 2 de emerxencia. En Boiro, non aumenta o número de hectáreas queimadas pero o incendio aínda non está estabilizado. Todo con situación preocupante pola falta de precipitacións. Desde Augas de Galicia miran a outubro: o risco de seca será moi elevado se non chove. Trasmiras súmase ós concellos con restricións de auga. Seguen as reivindicacións de melloras na sanidade galega. Agora son os familiares de pacientes con Alzheimer os que esixen ter unidades específicas en todas as áreas sanitarias. E esta é unha nova xornada de festas populares. Iremos nuns minutos ata Oímbra. Alí a festa do pemento está de aniversario.
    31 min
  • Crónica de Galicia - 06/08/22
    "O sentir é desolador, rompe o corazón". Así definen a situación desde os concellos afectados polo lume de Boiro, que ameaza agora a Porto do Son tras facelo nas últimas horas en Ribeira e na Pobra, con case mil persoas evacuadas en total. Un incendio que afecta ademais queima arestora na Curota. Esta é a última hora, de contado máis detalles, todo cando segue a preocupar a seca neste ano hidrolóxico máis seco da serie histórica. Nuns minutos falaremos tamén da saúde. Diferentes axentes, tanto educativos coma concellos e organizacións sanitarias, preparan un plan de actuación para a saúde mental pública galega ante os atrasos para conseguir citas. Todo nunha fin de semana festiva en Galicia con moitas citas en axenda desde Cambados, a Bueu ou Burela coa feira do bonito.
     
    31 min
  • Crónica de Galicia - 05/08/22
    Unha xornada máis ducias de veciños mirando con medo cara os montes cercanos. Hoxe o risco concéntrase na contorna da Ría de Arousa e Caldas de Reis, onde houbo desaloxos, estradas cortadas... van máis de 350 hectáreas arrasadas e o lume volveu prender nas últimas horas en Vilanova. Tamén atentos a BOiro, e non esquecemos a Verín, onde o lume segue sen apagar. Nova xornada de esforzo e traballo dos servizos de extinción, que hoxe atopan un obstáculo máis: o vento, con previsións de refachos moi fortes pra xornada.
     
    31 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 05/08/22
    Non dan descanso os lumes forestais esta semana e cada noite nos deixa escenas de lapas rodeando casas e amezando núcleos de poboación.
    Na parroquia de Saiar en Caldas de Reis houbo que declarar a alerta dúas e arrasou xa 250 hectáreas e o lume chegou ao concello de Vilagarcía. O outro punto de risco está en Boiro, na parroquia de Cures, nun lume no que arderon alomenos un cento de hectáreas de monte. Mentras no SERGAS houbo relevo na xerencia. José Flores deixa o cargo e pasa a ocuparse da área de Pontevedra O Salnés. Todo parece indicar que a crise na Atención Primaria estea detrás destes cambios. E no tempo, Galicia regresa á situación anticiclónica marcada polo vento do nordés o que deixará ceos parcialmente anubrados na metade norte e nubosidade de tipo alto no resto.
    15 min
  • Crónica de Galicia - 04/08/22
    Vai retornando á calma a Verín, que pasou a noite cercada polo lume despois de que xurdiran ata 10 focos distintos nuns minutos. Centos de hectáreas víronse arrasadas, veciños que durmiron fóra das súas casas... a pesar da velocidade á que correron as chamas non hai que lamentar danos persoais, ainda que sí materiais e naturais. O lume tamén volveu poñer en alerta ós veciños de Arbo, en Pontevedra, e noutras localidades de Galicia. Mentres, os afectados polos grandes incendios do mes pasado limpan escorrentías de cinza polas treboadas.
    31 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.