Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 03/08/22
    O partido popular fixo valer a súa maioría no parlamento galego esta mañá, nun pleno extraordinario que deu o visto e prace ó novo teito de gasto. Aumenta un 8.2%, pero a oposición lembralle que a inflación xa subiu un 6%, o que desvirtuaría ese dato histórico. BNG e PSOE piden que o goberno galego se centre noutras prioridades, coma o gasto sanitario ou social, fronte á rebaixa do IRPF que anunciaba hoxe o conselleiro - O goberno galego cualifica de sorpresa as medidas de aforro enerxético presentadas polo goberno central. Lamentan que non foran consensuadas, e mesmo cren que invaden competencias autonómicas. O presidente da Xunta califícaas de propaganda, ainda que as acatará - Valoración positiva entre os traballadores forestais da nova norma estatal de loita contra o lume O Real decreto recolle varias das súas demandas históricas, como é a obriga de planificar a campaña con antelación, e a asignación ó dispositivo de medios profesionalizados e etables - Un lume con tres focos simultáneos en Maceda, en Ourense, arrasa 150 hectáreas As altas temperaturas tamén agravan a seca. En Vilar de Barrio, en OUrense, preparan un inventario de piscinas, con drons, pra detectar usos non permitidos, como o enchido de piscinas. - Despois de meses de conflicto, e denuncia nos xulgados, ábrese o diálogo na área sanitaria Pontevedra- O Salnés O xerente comprometese cos sindicatos médicos a un cambio no equipo directivo e un plan de choque que analice medios e persoal pra garanti-la atención sanitaria
    31 min
  • Crónica de Galicia - 03/08/22
    Un novo lume forestal chama a nosa atención arestora da mañá.
    Trátase do que se declarou a pasada noite en Maceda e que xa leva queimadas 20 hectáreas. Traballase intensamente na súa extinción.
    A Xunta anunciou que os afectados pola vaga de lumes do Courel e Valdeorras das pasadas semanas contarán con oficinas específicas para poder pedir as axudas. No económico, os datos do paro apuntan a certa ralentización no crecemento do emprego malia que Galicia foi unha das oito comunidades nas que se reduciu ainda no mes de xullo. E este mércores remiten un pouco as altas temperaturas e mesmo poden caer chuvascos treboentos xa pola tarde.
     
    15 min
  • Crónica de Galicia - 02/08/22
    Galicia leva a contraria á tendencia estatal nos datos de emprego do mes de xullo. Mentres o resto do estado destruiu emprego nestas datas, a nosa comunidade aumenta os empregados. Iso sí, é unha caída moi pequena pro que ven sendo habitual nun mes de xullo. A boa nova deixa a menor cifra de parados nun mes de agosto da serie, e menos temporalidade. Iso sí, hai moito contrato fixo discontinuo ou parcial, e boa parte se centra no sector servizos, é dicir, emprego estacional pola boa temporada turística.
    31 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.