Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 7:45 - 29/07/22
    Unha negativa rotunda, a transferencia das competencias de xestión do litoral, pero, en xeral, o presidente da Xunta mostrouse satisfeito cos resultados da conversa con Pedro Sánchez na Moncloa. Así é optimista respecto ó apoio ós principais proxectos galegos que aspiran ós fondos Next Generatión e obtivo o compromiso de axudar ós afectados polos incendios. Outras demandas galegas quedan en estudo.
    Sobre os incendios, boas noticias extinguidos os dous máis grandes rexistrados en Galicia desde que hai rexistros: o do Courel é o de Valdeorras. O último o de Castrelo do Miño está estabilizado
    15 min
  • Crónica de Galicia - 28/07/22
    Continúa a remontada do emprego trala debacle da pandemia. A enquisa de poboacion activa sitúa a taxa de paro galega no 11.2%, a máis baixa nunsegundo trimestre dos últimos 14 anos. Emprego ademáis que mellora en calidade: a taxa de temporalidade cae ata o 20%. A ocupación subre no agro, a pesca e o sector servizos, pero cae na industria. No lado negativo, a EPA sinala que hai 52 mil fogares en Galicia con tódolos seus membros en paro Tamén estamos pendentes do resultado da reunón que o presidente da Xunta mantén con Pedro Sánchez na Moncloa dende este mediodía.
    31 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 28/07/22
    Sanidade, Fondos europeos e infraestructuras. O presidente da Xunta vaille formular unha serie de demandas relacionadas con estes asuntos hoxe a Pedro Sánchez. Alfonso Rueda sinala que son reclamacións que comparte a oposición en Galicia.
    Os incendios non dan descanso.... aínda que non quedaron extinguidos os grandes lumes que se declararon hai quince días e xa temos outro en Castrelo de Miño e Cartelle que leva queimadas un cento de hectáreas.
    E, agora sí, o PP xa non se nega a negociar unha moción de censura en Ourense. Achegouse unha fronte pouco activa durante a madrugada, pero se cae algunha chuvia será moi pouco significativa.
    15 min
  • Crónica de Galicia - 27/07/22
    O consello da Xunta aprobou hoxe as medidas acordadas na mesa sectorial pra reforza-la atención primaria ante a falta de sanitarios.
    Mentres, seguen buscando vías pra aumenta-los profesionais dispoñibles. O presiodente da Xunta non cre que as 89 prazas extraordinarias de MIR acordadas no consello de Ministro sean suficientes. Así llo transmitirá mañá ó presidente do goberno, ó que lle presentará un plan máis ambicioso que habilite ata un milleiro de novas prazas nos vindeiros anos.
    31 min
  • Informativo Galicia 8:45 - 27/07/22
    Cada vez son máis os concellos galegos que restrinxen o uso da auga. No de Pontevedra está prohibido encher piscinas ou lavar coches. O resto de consistorios da ría publicaron tamén bandos con recomendacións para a veciñanza. En Ourense hai parroquias onde a auga da billa só corre a determinadas horas do día.
     
    16 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 27/07/22
    Os problemas de abastecemento de auga van a máis e o problema é que aínda estamos en xullo, aínda quedan dúas terceiras partes do verán por diante. Xa son varios os concellos que iniciaron restriccións.
    A Xunta convocou ós concellos da conca do Lérez a unha reunión pola tarde para adoptar medidas que permitan reduci-lo gasto. Algúns dos municipios que capta auga do río, como Pontevedra, xa emitiron un bando no que limitan o uso da auga da traída.
    E, onte declarouse un novo incendio... foi no Saviñao, pero quedou estabilizado ó poucas horas despois do inicio.
    O tempo no cambia... segue dominando o anticiclón
    15 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.