Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 26/07/22
    Comeza a ser preocupante a falta de auga....e aínda non acabamos xullo. Xa son varios os concellos que teñen que recorrer a camions cisterna para manter os niveis dos depósitos de abastecemento... Agora mesmo, a zona que máis preocupa é a conca do Lérez. A Xunta convocou ós concellos a unha reunión mañá, pero o de Pontevedra xa se adiantou e anuncia que prohibe o consumo de auga para o que non sexa o gasto normal nunha vivenda.
    Outros municipios da ría de Vigo xa cortaron a auga nas praias, en parte tamén polo mal uso que se gai dela.
     
    31 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 26/07/22
    Controlados ou estabilizados tódo-los incendios. A vintena de lumes que se iniciaron a mediados de mes deixan un panorama desolador nas comarcas do Courel, Valdeorras ou no concello de Vilariño de Conso. Só nestes días ardeu o triplo da superficie que Medio Rural fixaba como obxectivo para todo o ano. O satélite Copérnicus estima que arderon case 37 mil hectáreas.
    Precisamente os incendios estiveron este 25 de xullo presentes na ofrenda e na manifestación do BNG.
    15 min
  • Crónica de Galicia - 25/07/22
    Avanza o control dos incendios en Galicia. Agora só quedan activos os dous do Courel e o de Vilariño de Conso. O de Valdeorras está estabilizado. O único que segue avanzando é o de Vilariño de Conso que xa queimou 6.500 hectáreas boa parte delas dentro do parque natural do invernadeiro. Sorpresa no comité de empresa do hospital Povisa pola venda a un grupo sanitario francés. No mesmo paquete, agora en mans da empresa valenciana Ribera Salud, figuran outros tres centros sanitarios galegos: Polusa e Santo Domingo en Lugo e a hospital Juan Cardona en Ferrol. Este 25 de xullo, o Hostal dos Reis Católicos ten as portas pechadas. O 100 por cento dos traballadores están a secundar a segunda xornada de folga. Denuncian que a dirección da empresa non ten vontade de negociar un convenio que sustitúa o que caducou hai 12 anos. O cambio na dirección do PP en Ourense pode ter repercusións no pacto de goberno que sostén a Gonzalo Pérez Jácome na alcaldía. Manuel Cabezas, o máis que probable candidato á alcaldía, estudará cos edis populares a posible saída do executivo local. O tempo. Poucos cambios.. algunhas nubes no norte, no resto prácticamente despexado.
    31 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 25/07/22
    25 de xullo coa tradicional ofrenda ó apóstolo e a manifestación do día da patria galega. Unha xornada na que, dez días despois, se van vendo os efectos da loita contra o lume. Estabilizado o incendio de Valdeorras. Agora o que máis preocupa é o de Vilariño de Conso... o único que se segue estendendo e que deixa moi tocado o parque natural do invernadoiro.
    No norte caeu algunha chuvia feble, pero esta fronte pouco activa que afecta agora en Galicia non afeca ás zonas máis afectadas polo lume. Hoxe, unha fronte pouco activa provocou un aumento da nubosidade e posibilidade dalgunha chuvia feble no terzo norte.
    co avance da xornada iranse abrindo grandes claros.
    O vento quedará do norte tra-lo paso da fronte.
    As temperaturas sufrirán un descenso entre lixeiro e moderado.
    Hoxe as máximas irán dos 21 graos da Coruña ós 32 de Ourense.
    15 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.