Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 23/07/22
    Controlar o perímetro dos incendios é a principal labor esta xornada nos lumes que afectan a Galicia. Todo como paso previo a poder declaralos estabilizados xa que non teñen lapas en Valdeorras e o Courel, onde non aumenta a superficie queimada e, unha semana despois, hai de verdade esperanza. Mentres, as asociacións ecoloxistas insisten en que o uso dos nosos montes nos últimos anos foi errado e que as especies autóctonas son as que teñen que ser as protagonistas. Na oposición, os socialistas galegos urxen ó goberno central esas declaracións de zonas afectadas polos lumes, e critican o que consideran poucos avances da Xunta. Tamén importante mellora nos datos da pandemia, todos os indicadores están á baixa, destaca ó descenso de hospitalizados un día máis. E non esquecemos esta fin de semana longa festiva co Apóstolo: repasaremos a situación hoteleira nun dos puntos máis destacados, Compostela, case con plena ocupación.
     
    30 min
  • Crónica de Galicia - 22/07/22
    Xa non hai fronte con lapas en Carballeda de Valdeorras. Despois de que o incendio se reactivase nas últimas horas preto das casas de Rubiá, a situación mellorou, mantense en 10.500 hectáreas queimadas e agárdase que non empeore pola calor das horas centrais do día. Tampouco aumenta a superficie queimada no Courel onde os desaloxados que quedaban volven xa ás casas.
    26 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 22/07/22
    Baixan a catro os incendios activos en Galicia tra-la estabilización do Rabal e Oimbra A consellaría de Medio rural
    non variou a superfiecie afectada polo lume dende onte o mediodía.
    Os tres máis grandes son o de Valdeorras con 10.500 hectáreas, o do
    Courel con 10 mil e o de Vilariño de Conso con 5.200.
    Continúa a situación de perigo para o lume co tempo seco. Moitos
    veciños volveron ás súas casas pero agora atópanse sen moitos
    servizos.. incluso sen auga…. e é que a seca vai a máis. Tal é así que
    Ence tivo que parar a producción fixoo, a instancias da Xunta, cando o
    río Lérez xa estaba moi pordebaixo do caudal mínimos esixible.
    15 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.