Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 8:45 - 10/08/22
    Continúan ardendos os montes, con novos lumes nas Pontes, e na provincia de Ourense, mentres os encoros se baleiran. Xa hai 70 concellos galegos con restricións para limitar o consumo de auga.
    16 min
  • Crónica de Galicia - 09/08/22
    A Xunta insta a cidadáns e concellos a adoptar tódalas medidas que sexan posibles pra recorta-lo consumo de auga. No país dos mil ríos están secando as fontes, vese o fondo dos ríos e temos por diante aínda moitas semanas de verán... Preocupa especialmente a situación da conca do Lérez, a do Anllós e a contorna de Baiona, pero son milleiros xa os cidadáns de pequenas vilas e aldeas que non teñen auga nas súas casas, ou sofren restricións.
    31 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 09/08/22
    Vanse controlándose os lumes e apagando parte da súa superficie e o que se incrementa agora é o debate político. A Xunta presume de ter o mellor servizo de extinción de incendios de España malia que en 22 días de xullo e agosto arderon máis de 35 mil hectáreas e a oposición critica o descontrol na xestión dos montes. Polo demáis na reunión para as medidas de aforro enerxético, que se implantan xa mañá, o goberno galego reiterou o seu rexeitamento porque -di- invade as súas competencias pero asegura que as acatará. No tempo segue a situación anticiclónica con alerta amarela por altas temperaturas en Valdeorras, o cauce do río Miño e comarcas do Condado e a Paradanta.
     
    15 min
  • Crónica de Galicia - 08/08/22
    Despois de 4 días correndo pola cara sur da serra do Barbanza Medio Rural da por estabilizado o incendio que arrasou máis de 2 mil hectáreas de catro concellos. Os seus rexedores e veciños abordan xa a revisión de danos e diantan que se unirán pra pedir axudas Hai outros danos máis dificiles de ver. A Fundación Animalista Franz Weber estima que nos lumes deste ultimo mes morreron uns 40 mil animais, e reclaman a prohibición da caza na contorna dos lumes pra permitir sanar ó ecosistema. Un hóspede recente dos montes galegos, o oso pardo, perderá parte do seu alimento, pero non se teme que afecte á súa expansión.
     
    31 min
  • Informativo Galicia 8:45 - 08/08/22
    Logo dunha fin de semana negra para os lumes en Galicia, a situación mellora pouco a pouco. O lume do Barbanza evoluciona favorablemente, e xa foi destactivada a situación dúas de emerxencia. Estabilizado xa o de Pontecaldelas.
    15 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 08/08/22
    A fin de semana deíxanos, no tocante aos incendios, un panorama desolador, máis se temos en conta que levamos desde a última semana de xullo con lumes forestais de moita entidade, que daquela queimaran 35.000 hectáreas.
    Esta mañá estamos pendentes de catro. No de Boiro arderon xa 2.200 hectáreas pero desactivouse a alarma. Están estabilizados os de Verín, con 600 hectáreas arrasadas e o de Pontecaldelas con 380. E o de Caldas está controlado e arderon 450.
    Pola contra o deporte galego danos algunhas ledicias e deixános uns mundiais de piragüismo históricos para os nosos padaxeiros e remeiros con catro medallas. E na cultura o Salón do Cómic Viñetas desde o Atlántico, que comeza hoxe, acada a súa Vixésimo Quinta edición. No tempo segue a situación anticiclónica pero arestora pode haber algunha néboa no interior e brétemas no litoral atlántico.
    15 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.