Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 8:45 - 17/08/22
    Xa non hai incendios activos en Galicia. As chuvias semellan ter axudado a dar un respiro a situación dos lumes na comunidade segundo as últimas estimacións de Medio Rural Stellantis, volve a fabricar vehículos dende esta mesma mañá. Os preto de 6 mil traballadores volven incorporarse a fábrica Viguesa tras tres semanas sen actividade Hoxe celébrase o Día da Galiza Mártir. Unha data na que se homenaxea ó político galeguista Alexandre Bóveda, asesinado o 17 de agosto de 1936 na Caeira, en Poio.
     
    16 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 17/08/22
    As chuvias axudaron e a situación dos lumes mellorou moito nas últimas horas, con tres novos incendios extinguidos. Agora mesmo os servizos de extinción céntranse en dous focos na Serra de Queixa e Pantón, en Lugo. Por outra banda, hoxe comeza a demolerse o tramo que quedou illado no viaduto do Castro, na A-6. No tempo, parece que semella que seguimos con nubes pero remiten as chuvias.
    15 min
  • Crónica de Galicia - 16/08/22
    A xustiza galega alertaba hai pouco do aumento das agresións e abusos sexuais, e o seu impacto especialmente nos menores. No procesamento destes casos teñen un papel esencial os traballadores do Instituto de Medicina Legal, que están sobrecargados. Falta persoal nun momento no que as normas lles outorgan máis competencias, especialmente nestes casos, o que provoca retrasos e dilacións. Así o denuncian dende os xulgados que piden solucións ó goberno nacional e ó galego.
     
    31 min
  • Informativo Galicia 8:45 - 16/08/22
    Mellora a situación dos lumes en Galicia, aínda que esta mañá temos que sumar un novo foco en Pantón, na provincia de Lugo, con máis de 20 hectáreas. Polo demais, a chuvia axudou e xa quedaron extinguidos catro dos declarados nos últimos días. O resto están estabilizados ou baixo control. A Festa da Auga de Vilagarcía volve hoxe ás orixes por mor da seca. Substitúe as mangueiras por caldeiros e pistolas de auga. As universidades de Santiago e Vigo están entre as mellores do mundo. Así o recolle o prestixioso Ranking Académico de Shangai. Os taxistas de Ourense propoñen encarecer a baixada de bandeira pra facer fronte á suba dos carburantes. Insisten en que levan anos coas tarifas conxeladas.
     
    15 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 16/08/22
    As chuvias da pasada noite deixan boas novas. Todos os lumes forestais de Ourense con actividade están estabilizados. Malia que deixan tras de sí máis de 3000 hectáreas arrasadas.. pese a todo, non hai que baixar a garda e recordamos que boa aprte de Galicia segue a sufri-los efectos da seca e das altas temperaturas. Todo nunha xornada onde o turismo nesta ponte non se viu afectado. Galicia mantivo os bos pronósticos en canto ao número de visitantes ainda que se nota os efectos da inflacción no relativo ó gasto que fixeron na nosa comunidade....hoxe ainda é festivo en vigo e santiago...
     
    15 min
  • Crónica de Galicia - 15/08/22
    Son moitos os que hoxe miran ó ceo con esperanza, a de que a choiva poña fin a unha racha de incendios que se está cebando especialmente coa provincia de Ourense. E coas súas pequenas vilas. HOxe, en oÍMBRA lamentan raves danos na ermida da localidade... E OS de Castrelo do val un cento de hectáreas de monte. Outros miran ás autoridades... Son os familiares dos náufragos do Villa de Pitanxo, que 6 meses despois da traxedia seguen reclamando unha investigación rigurosa, que se achegue ó pecio na busca de respostas ás versións contrapostas dos sobreviventes
     
    31 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 15/08/22
    Nesta xornada festiva en Malpica seguen sen poder usar auga da traída. Está contaminada porque a seca baixou moito o caudal do río e hai demasiada materia orgánica. Mañá faranse novas análises pero mentras hai que usar garrafas de auga embotellada.
    Tampouco están mellor as cousas en Rivadavia malia que por fin teñen un camión cisterna para trasladar auga do río Avia á depuradora. Xa no político, os socialistas piden á Xunta que asuma as súas competencias e adopte medidas para paliar a situación e non faga caer as responsabilidades nos concellos. Todo nun día no que se cumpren seis meses do afundimento do pesqueiro Villa de Pitanxo en augas de Terranova. No tempo, as chuvias chegarán ao final desta xornada, antes un día con sol e nubes...
     
    15 min
  • Crónica de Galicia - 14/08/22
    En Malpica o concello xa está a repartir garrafas aos establecementos de hostelería despois de que se declarara non potable a auga da traída. A causa é a seca porque o caudal do río que fornece ao concello baixou e hai concentración de materia orgánica. Tampouco melloran as cousas en Rivadavia malia que xa transvasan en camión auga do río á depuradora. O conselleiro de Medio Rural insiste na intencionalidade dos lumes forestais, nun día en que mellora a situación nos montes. José González di nos micrófonos de Radio Nacional en Galicia que non hai ningunha dúbida ao respecto.
     
    31 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.