Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 7:45 - 29/08/22
    Iniciamos semana, coa vista posta en setembro. Vaise recuperando o pulso da axenda política, mentres moitos cidadáns apuran estes últimos días de vacacións. Precisamente esta circunstancia fai que este ano a Operación Retorno se estea facendo de xeito máis escalonado, o que evita, polo momento, as grandes retencións nas estradas. Polo demais, fin de semana cargada de sucesos tráxicos, con tres mortos en senllos accidentes en augas de Narón, Betanzos e Ribadeo.
     
    15 min
  • Crónica de Galicia - 28/08/22
    Boas tardes, Este 28 DE Agosto, volven a palestra os lumes. Medio Rural deu por extinguido o último considerado de grandes diménsións en Galicia. O do Concello de Lobeira en Ourense, pero agora seguese a traballar na provincia, logo de que se rexistrase outro incendio en Viana dio Bolo. E teñan precaución se saen hoxe a estrada. A DXT e agarda preto de 700 mil movementos nas estradas galegas pola Operación Retorno das Vacacións de verán. Tráfico xa anunciou que intensificará os controís durante a xornada.
    31 min
  • Crónica de Galicia - 27/08/22
    Boas tardes Este sábado, 27 de agosto, ven marcado polo inicio do curso político para o Partido popular de Galicia. Hoxe volverá a terra Alberto Núñez Feijóo pra acompañar ao seu excompañeiro Alfonso Rueda. Un inicio que sen dúbida estará rodeado de polémica pola sanidade galega. En Sanxenxo facultativos e cidadáns manifestáronse pra protestar pola falta de medios na comarca do Salnés. Piden solucións por parte da Administración e recolleron firmas para conseguilo.
    30 min
  • Crónica de Galicia - 26/08/22
    Haberá que agardar ó novo periodo de sesións do parlamento galego pra escoita-las explicacións do presidente da Xunta sobre a situación que sofre este verán a sanidade pública. O Partido POpular fixo valer a súa maioría pra impedir que Alfonso Rueda dé conta do deterioro do sistema, en xeral, e do sucedido a inicios de mes no centro de saúde de Baltar, en Sanxenxo. Pros populares, pedir explicacións pola morte dunha muller á que se lle denegou unha ambulancia é, por parte do BNG, un exercizo de carroñismo político. Pra oposición, isto pode volver suceder en calquera momento.
    31 min
  • Informativo Galicia 8:45 - 26/08/22
    A Xunta ve positivo que ENCE estude a posibilidade de utilizar a auga da EDAR de Placeres para reanudar a produción, paralizada hai máis dun mes pola seca. Desde o Concello insisten en que abandone a Ría de Pontevedra.  A executiva municipal do PSOE en Ourense, desmárcase das negociacións para unha moción de censura co Partido popular. Contradín así a posibilidade aberta polo secretario provincial dos socialistas ourensáns, Rafael Villarino.  A comunidade educativa de Redondela e o Concello denuncian a supresión de profesores no Instituto Mendiño de Redondela.
     
    15 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 26/08/22
    Os medios de extinción seguen a loitar contra as lapas. Arde de novo a Serra do Xurés. Desta volta, no concello de Lobeira, onde van xa 410 hectáreas arrasadas. A loita contra os lumes, que continúa en Galicia mentres o Congreso vén de aprobar o decreto lei fronte ós incendios. Unha norma que prohíbe usar maquinaria nas zonas de alto risco e que obriga ás autonomías a presentar os seus plans anuais de prevención antes de novembro. En canto ó tempo, os concellos seguen con preocupación a evolución da seca, pero de momento son poucas as novas medidas preventivas.
     
    15 min
  • Crónica de Galicia - 25/08/22
    Xornada intensa hoxe no congreso dos deputados con proxectos que xeran dúbidas en Galicia. A principal asociación de autónomos cre que o novo sistema de cotizacións merma a liberdade que tiñan pra elexir as súas bases, e prexudicará ós que teñan as bases máis baixas. E tamén se convalida, se non hai sorpresas un decreto de aforro enerxético que inclúe os abonos gratuitos no tren de media distancia. Os usuarios habituais piden máis prazas ou frecuencias pra compensa-lo aumento de usuarios.
    31 min
  • Informativo Galicia 8:45 - 25/08/22
    Os concellos da conca do Tambre, en situación de prealerta, non intensificarán de momento as restricións no consumo de Auga. Mentres, os municipios que se abastecen do río Lérez seguen pendentes de como avanza a situación.  Os concellos declarados como zona catastrófica na provincia de Ourense coinciden en que as axudas do goberno central para facer fronte ás conseucencias dos lumes non son suficientes Traballadoras e usuarios do Servizo de axuda no Fogar de Redondela denuncian a mala xestión da concecionaria deixando sen atención ós maiores en repetidas ocasións
    16 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.