Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 7:45 - 09/05/22
    Continúan as remudas derivadas da elección de Núñez Feijóo. O seguinte vai ser fcerlle un oco no Senado para que unha vez ó mes poida debater co presidente do Goberno Pedro Sanchez.
    Nunha semana na que Alfonso Rueda será investido presidente da Xuntaa. O pleno comeza mañá. Dez días despois será elexido presidente do PP de Galicia... este domingo rematou a campaña entre os afiliados Deportes. Baloncesto. O Obradoiro estivo a punto de dar a sorpresa.. perdeu por un só punto no Sar ante o Real Madrid.
    o tempo. Segue dominando o anticiclón. Temperaturas altas no interior... na costa van entrar algunhas neboas  
    15 min
  • Crónica de Galicia - 08/05/22
    As vilas de As Pontes e de Viveiro están conmocionadas despois de saber que unha rapaz oriunda da localidade da Mariña, que residía ca súa parella no concello coruñés, está entre os falecidos polo estourido no Hotel Saratoga da Havana. As autoridades traballan para repatriar axiña o seu corpo. Na política, este mediodía Alfonso Rueda pechou en Vigo a súa campaña para relevar ao frente do PP Galego a Alberto Núñez Feijoo. O martes comeza o debate de investidura que o situará ao frente da Xunta. No tempo da entrevista escoitaremos o experto en economía enerxética, Xabier Labandeira. Este catedrático da universidade de Vigo aposta por pedirlle ás empresas que deixen os beneficios en Galicia da xeración de electricidade.
    31 min
  • Entrevista Aitana Cuétara - 07/05/22
    Entrevista coa Directora de Luneda Produccións, Aitana Cuétara, co gallo da celebración en Santiago de Compostela da segunda edición do festival "O que non se escribe". Realizada por Alejandra López.
    17 min
  • Crónica de Galicia - 07/05/22
    Alberto Núñez Feijoo apura as súas ultimas horas e días na escea política galega. Este sábado participou no seu derradeiro acto como presidente da Xunta na entrega dos Premios da Cultura. Logo, a partir das dúas, clausurará o décimo terceiro congreso local do PP de Pontevedra. Mentras, tanto BNG coma os socialistas, que celebraron esta mañá senllos actos de oranización en Santiago, reivindicanse como a alternativa ao goberno popular da Xunta. Tanto a líder nacionalista, Ana Pontón, como o socialista, Valentín González Formoso, traballan coa vista posta na próxima cita electoral: as municipais de 2023. Tamén esta fin de semana a Asociación pola recuperación dos desaparecidos no Franquismo está a dar digna sepultura aos restos de familiares e amigos recuperados estes anos pasados en foxas e veiravías.
     
    31 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 06/05/22
    Luz verde pra petición de dimisión ao rexidor de Ourense, Gonzalo Perez Jácome, tralo incidente cunha sindicalista este martes no marco da folga do transporte urbano. A moción de urxencia foi aprobada pola oposición e a abstención do PP de Ourense. Noutros aSUNtos. Malestar entre Os armadores galegos que faenan en caladoiros internacionais para percibir as bonificacións que se aplican ó combustible . E boas novas pros familiares dos falecidos do villa de pitanxo trala reunión coa valedora do pobo que accedeu a trasladar a sua petición de baixar ao pecio ao defensor do pobo
    10 min
  • Crónica de Galicia - 06/05/22
    Dúas fábricas son hoxe protagonistas. Ence, en Lourizán, e Altri, que está por chegar a Palas de Rei. Os traballadores de ENCE non entenden por que unha mesma consultora atopou terreos pra fábrica de fibras téxtiles en Palas, cando non foi capaz de dar unha localización alternativa pra pasteira ENCE, ante a súa futura saída de Lourizán, en Pontevedra. Os empregados culpan directamente á Xunta - Os barcos galegos que faenan e resposan en caladoiros internacionais teñen problemas para percibir as bonificacións ó gasóego. Os armadores reclaman solucións urxentes e pragmáticas porque están nunha situación límite. - Sanidade comunica outros dous novos casos de hepatite infantil de orixe descoñecida. Os dous casos pertencen á area de Vigo: un xa pasou a enfermidade en marzo; o outro aínda está ingresado, pero evoluciona favorablemente. - Os familiares dos falecidos do Villa de Pitanxo seguen buscando apoios á súa demanda pra que se baixe ó pecio. Hoxe reuníronse coa Valedora do Pobo. Consideran que agora de cara o verán é o momento oportuno para realizar este operativo. - O grupo británico Muse actuará en Vigo o 8 de setembro. O estadio de Balaídos acollerá este concerto despois de que o alcalde accedera a poñer o recinto a disposición da Xunta
    46 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.