Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 7:45 - 05/05/22
    O partido popular rexeita a agresión do alcalde de Ourense a unha sindicalista e o futuro presidente, Alfonso Rueda, que hoxe ten un acto como candidato en Ourense ten previsto reunirse co grupo municipal. Sindicatos e oposición pídenlle ó PP que non sosteña máis tempo a Jácome na alcaldía.
    E novidades no caso Déborah Fernández, un informe que xa está en mans do xulgado de Tui sostén que o seu ordenador foi manipulado cando estaba en mans da policía.
    Deportes. O Celta abre expediente e aparta do traballo do equipo a Santi Mina, condenado a catro anos de prisión por abuso sexual.
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 04/05/22
    Alfonso Rueda califica de inaceptable o comportamento do alcalde de Ourense ao empurrar a unha sindicalista durante as protestas dos traballadores de urbanos na tarde de onte. O caso de debora fernandez , a viguesa asasinada en Vigo no ano 2002, segue destapando irregularidades. A empresa encargada do informe pericial do disco duro da vitima, Lazarus Tecnology, confirma que foi manipulado despois de ser entregado a policia. Todo nun día que tamén trae boas novas. Os desempregados baixan en Galicia en 2.734 persoas menos
    10 min
  • Crónica de Galicia - 04/05/22
    Os sindicatos poñen deberes ó futuro presidente da Xunta tralos datos de emprego coñecidos esta mañá. As cifras non son malas, deixa a 2700 persoas menos nas ringleiras do paro, con auxe no sector servizos, con baixadas lixeiras na construción e no sector primario, e coa cara B na industria. Tódolos sectores reducen o desemprego menos o industrial. - Os traballadores de Barreras anuncian medidas legais contra a venda do estaleiro a Armón. Critican que o administrador concursal se desentedera dos traballadores. O grupo asturiano só se compromete a dar emprego a unha vintena dos 120 traballadores. - En Ourense, Comisións Obreiras ten intención de denunciar ó alcalde pola agresión a unha afiliada. Tanto este sindicato como os partidos da oposición pídenlle ó Partido Popular que non sosteña por máis tempo a Jácome na alcaldía. - O grupo parlamentario socialista pide unha actualización da lei do xogo que data de 1985. Rexistrou na Cámara unha proposición de lei pra poñer freo os problemas de ludopatía que afectan, sobre todo, ós máis novos. - O Correlingua, en defensa do galego, recupera este ano a rúa logo da pandemia. Hoxe comezou en Pontevedra. Non hai as habituais marchas doutras edicións pero si festas coa participación dos escolares
    45 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.