Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 06/05/22
    Dúas fábricas son hoxe protagonistas. Ence, en Lourizán, e Altri, que está por chegar a Palas de Rei. Os traballadores de ENCE non entenden por que unha mesma consultora atopou terreos pra fábrica de fibras téxtiles en Palas, cando non foi capaz de dar unha localización alternativa pra pasteira ENCE, ante a súa futura saída de Lourizán, en Pontevedra. Os empregados culpan directamente á Xunta - Os barcos galegos que faenan e resposan en caladoiros internacionais teñen problemas para percibir as bonificacións ó gasóego. Os armadores reclaman solucións urxentes e pragmáticas porque están nunha situación límite. - Sanidade comunica outros dous novos casos de hepatite infantil de orixe descoñecida. Os dous casos pertencen á area de Vigo: un xa pasou a enfermidade en marzo; o outro aínda está ingresado, pero evoluciona favorablemente. - Os familiares dos falecidos do Villa de Pitanxo seguen buscando apoios á súa demanda pra que se baixe ó pecio. Hoxe reuníronse coa Valedora do Pobo. Consideran que agora de cara o verán é o momento oportuno para realizar este operativo. - O grupo británico Muse actuará en Vigo o 8 de setembro. O estadio de Balaídos acollerá este concerto despois de que o alcalde accedera a poñer o recinto a disposición da Xunta
    46 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 06/05/22
    O pleno da corporacion de ourense terá pronunciarse hoxe sobre a petición de dimisión do alcalde Pérez Jácome. O grupo socialista leva á sesión de hoxe unha iniciativa neste sentido. Obrigará así a pronunciarse ó PP que segue sen aclarar se vai manterse no goberno local aínda que rexeita a agresión do alcalde a unha sindicalista.
    No que non hai cambios é na folga de buses, que estivo na orixe do conflicto, e hoxe non se vai celebrar a reunión prevista entre as partes.
    Agora lles contamos os detalles desde Ourense. Antes o tempo que
    seguirá soleado e con temperaturas máximas en ascenso. Deseguido ampliamos a previsión antes comprobamos como empeza a xornada nas principais cidades.
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 05/05/22
    Alberto Nuñez Feijoo presidiu hoxe o seu último consello da Xunta, o último tamén antes do pleno de investidura. A semana que ven vai ser sustituído polo actual vicepresidente Alfonso Rueda.
    Mentres a oposición que votará en contra da investidura de Rueda, pide un cambio na política do goberno galego. Xornada tamén de concentracións do sector naval en Vigo e do sector do siderometal na provincia da Coruña. Tamén nuns intres, dará comezo unha mobilización en Ourense en repulsa ao incidente do rexidor Perez Jacome cunha sindicalista hai dous dias
    10 min
  • Crónica de Galicia - 05/05/22
    Gonzalo Pérez Jácome segue a ser protagonista da actualidade tras a súa agresión a unha voceira sindical. Esta tarde nova concentración en Ourense contra o alcalde. Nela estará o secretario xeral socialista, Valentín González Formoso. Xa avanzou que o seu grupo está disposto a falar con quen sexa necesario, isto inclúe ó PP, para ver a Jácome fora do consistorio antes de que remate a lexislatura. Alfonso Rueda tratará o tema co grupo municipal popular, ó que o BNG lle pide responsabilidades por facilitar o goberno de Democracia Ourensana. Todo no marco da folga dos autobuses urbanos de Ourense, hoxe terceiro día - Última reunión do Consello da Xunta presidida por Alberto Núñez Feijóo. A xunta de portavoces ordenou hoxe o debate de investidura de Alfonso Rueda que empezará o martes ás nove e media da mañá. - Folga no sector do metal na provincia da Coruña. Os sindicatos demanda un convenio colectivo que garanta o poder adquisitivo dos salarios. Son 16 mil os traballadores afectados. - Premiado un test, creado en Pontevedra, que mellora o diagnóstico de trastornos autistas. Unha ferramenta premiada no Congreso europeo de neurosiquiatria que facilita a atención precoz e mellora o tratamento. - En Galicia hai arredor de 1.800 menores tutelados pola Xunta. Distintos especialistas analizan estes días en Santiago as ameazas ás que se ve sometida a infancia, dende o maltrato físico e psicolóxico á trata de persoas
    45 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.