En 2014, 17 mil persoas asinaban a Iniciativa Lexislativa Popular chamada "Valentín Paz Andrade" (político, empresario e escritor galeguista do século XX, ao que se lle dedicaron as Letras Galegas de 2012), para o aproveitamento da língua portuguesa na Galiza e os vínculos coa lusofonía. Ao pouco tempo, a ILP convertíase na Lei 1/2014, de 24 de marzo, baixo a mesma denominación e apoiada no Parlamento galego pola totalidade dos grupos políticos.
Buscábase, pois, achegar Galiza e o galego a un mundo que ten mesmo ás portas, facendo uso das vantaxes competitivas propias, a nivel cultural, lingüístico (máis tamén económico) que supón ser galego/a. Os eixos: a aposta pola aprendizaxe da lingua portuguesa no ensino formal, a relación institucional e a recepción dos medios de comunicación portugueses.
Unha década despois, tentamos analizar a cuestión en profundidade cun dos impulsores da lei, portavoz da ILP no seu día, Xosé Carlos Morell, empresario e profesor (Mos-PO-GZ) Lanzámoslle ben de preguntas: como se recordan aqueles días? En que se avanzou? Que falta por mellorar? É unha realidade ou é unha sensación que estamos ante unha de tantas leis que fica en "papel mollado"? E, sobre todo, nunha época en que todo vai tan rápido e vendo a perda de falantes de galego... que vai acontecer no futuro?
Pechamos cunha grandísima música de Mondra, "saco de pulgas".