Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Entra en funcionamento o servizo transfronteirizo de préstamos de bicicletas
    As Eurocidades Tui-Valença, Tomiño-Cerveira e Salvaterra-Monçao aposta por unha mobilidade sustentable. Hoxe foi inaugurado o e-bike, o servizo transfronteirizo de préstamos de bicicletas. Un percorrido simbólico dende a estación de tren de Valença até a antiga alfándega en Tui atravesando a vella Ponte Internacional, deu hoxe o pistoletazo de saída a esta oferta tranfronteiriza. É unha información de Tania Romero e Lucas Méndez.
    30 min
  • Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde - Tui Premio Mellor Pobo Cultural
    Tui foi o gañador na categoría de Mellor Pobo Cultural, nos Premios Pobo do Ano que convoca Prensa Ibérica.
    O alcalde, Enrique Cabaleiro, recollía este mediodía no acto celebrado en Vigo o premio no que se recoñece a “ inmensa riqueza patrimonial e cultural que ten o municipio de Tui”. Enrique Cabaleiro amosaba a súa satisfacción por este galardón e lembraba a todos os que fixeron posible que hoxe Tui sexa un referente no mundo da cultura”.
    4 min
  • Noticias 13.30h - Mércores, 6 de xullo de 2022
    Actualidade de hoxe mércores en Noticias 13.30h onde recollemos os avances no Plan de Dinamización da Área Rexurbe Municipal, o lanzamento do novo servizo de préstamo de bicicletas transfronteirizo entre Eurocidades e o galardón como Mellor Pobo Cultural, outorgado á cidade de Tui.
    30 min
  • Noticias 13.30 h - Venres, 1 de xullo de 2022
    A actualidade deste venres en Noticias 13.30 h. Hoxe recollemos os asuntos aprobados onte en pleno, a autorización do consello da Xunta ao convenio para a rehabilitación do cárcere vello, as citas para a fin de semana e o deporte.
    25 min
  • Noticias 13.30 h - Xoves, 30 de xuño de 2022
    A actualidade deste xoves en Noticias 13.30 h. Damos conta do pleno extraordinario que ás 20 h celebra a corporación municipal, a campaña "Rexurbe, Gañas tí, gaña Tui" presentada este mediodía, e das citas do día coma a charla sobre educación en diversidade que ás 20.30 h se celebra na Aula da UNED. en Deportes falamos da fichaxe de Eduardo Sousa polo Deportivo e do Dirt Track que se celebra esta fin de semana en Tui.
    28 min
  • Noticias 13.30 h - Mércores, 29 de xuño de 2022
    A corporación municipal de Tui celebra mañá pleno extraordinario de marcado carácter económico. Esta é unha novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h xunto á concentración convocada este venres ás 20.30 h diante do centro de saúde e outras novas da xornada.
    25 min
  • Noticias 13.30 h - Martes, 28 de xuño de 2022
    En Noticias 13.30 h recollemos a actualidade deste martes, 28 de xuño de 2022. Damos conta dos asuntos que a corporación municipal de Tui tratará este xoves en pleno extraordinario, e da conmemoración do Día do Orgullo, entre outras novas.
    24 min
  • Noticias 13.30 h - Luns, 27 de xuño de 2022
    En Noticias 13.30 h recollemos a actualidade local e comarcal deste luns, 27 de xuño. Hoxe públicase no BOE o anuncio de licitación da obra de humanización da Avenida de Portugal, falamos de investimentos do Plan Concellos en Tui e na Guarda, e dos actos previstos con motivo do Día do Orgullo. Tamén os resultados deportivos da fin de semana.
    30 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…