Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Noticias 13.30 h - Xoves, 16 de xuño de 2022
    Tui recibirá máis de 300 mil € do Plan Concellos para para a reforma e acondicionamento das piscinas municipais. Esta é unha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h. Tamén a presentación do Campionato de España de Motonáutica que na fin de semana se celebra en Tui.
    26 min
  • Noticias 13.30 h - Mércores, 15 de xuño de 2022
    As obras de mellora da seguridade viaria na EP 3001 en Rebordáns visitadas hoxe polo alcalde e a presidenta da Deputación é unha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h. Tamén buscamos outros asuntos da actualidade local e comarca e o deporte.
    23 min
  • Noticias 13.30 h - Martes, 14 de xuño de 2022
    En Noticias 13.30 h recollemos os dous proxectos que o concello de Tui presentou ao PIREP para o seu financiamento. Recollemos tamén a incorporación ao Conservatorio de Tui do grao elemental, e a presentación da Aloiada na que van participar máis de 100 alumnos/as este xoves e venres, entre outras novas.
    27 min
  • Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Proxectos presentados ao PIREP
    O Concello de Tui presenta ao Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos, PIREP, dous proxectos para rehabilitar sendos edificios municipais. Trátase do Teatro Principal, e do edificio situado na rúa Camilo José Cela. Así o explicaba o alcalde, Enrique Cabaleiro, en Noticias 13.30 h.
    8 min
  • Noticias 13.30 h -Luns, 13 de xuño de 2022
    En Noticias 13.30 h recollemos a actualidade informativa deste luns, 13 de xuño. Entrevistamos ao alcalde, Enrique Cabaleiro, sobre os proxectos de rehabilitación do Teatro Principal, e do edificio da rúa Camilo José Cela, presentados ao programa PIREP, tamén damos conta da restauración do Lavadoiro do Souto, da inscrición aberta na Aula Mentor, xunto a outras novas do día.
    23 min
  • Noticias 13.30 h - Xoves, 9 de xuño de 2022
    Adxudicado pola Xunta o proxecto para a rehabilitación da primeira vivenda do programa Rexurbe. Esta é unha novas que recollemos en Noticias 13.30 h xunto ao resumo da entrevista coa voceira do BNG, a celebración do Día dos Arquivos en Tui e outras novas deste xoves, 9 de xuño.
    26 min
  • Noticias 13.30 h - Mércores, 8 de xuño de 2022
    O equipo redactor da Axenda Urbana estase a reunir cos colectivos das distintas parroquias, hoxe terán un encontro en Guillarei. Esta é unha das novas que recollemos hoxe en Noticias 13.30 h. Tamén damos conta das máis de 2700 persoas que maio pasaron pola Oficina de Turismo de Tui, xunto a outros temas da actualidade.
    23 min
  • Noticias 13.30 h - Martes, 7 de xuño de 2022
    Case 10.800 peregrinos pasaron por Tui en maio realizando o Camiño Portugués. Este é unha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h. Damos conta tamén do novo local de ensaio da Banda de Música Popular, e falamos de distintos prazos, xunto á actualidade do Baixo Miño.
    27 min
  • Noticias 13.30 h - Luns, 6 de xuño de 2022
    A actualidade deste luns, 6 de xuño de 2022, en Noticias 13.30 h. Damos conta dos dous accidentes de tráfico con feridos rexitrados onte en Tui, recollemos o inicio do prazo de inscrición no Campament o de Verán Igual É +, e , entre outras novas, o deporte.
    28 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…