A actualidade deste martes, 22 de febreiro, en Noticias 13.30 h. A evolución da covid na comarca, a reivindicación de que os fondos POCTEP, sexan prinicipalmente para o fondo de fronteira, o resumo da entrevista con José Ángel Fernández, voceiro do PP en Tui, son parte das novas deste día.
Tamén a presentación do MUMI que chegará á Eurocidade o 29 e 30 de setembro e o 1 de outubro, a sétima conferencia do Foro do Camiño Portugués que se celebra esta tarde, o programa Vacacións en Paz e a convocatoria para elixir o cartel anunciador das Festas de San Telmo son outras das noticias deste martes.