A actualidade deste martes, 29 de marzo de 2022, en Noticias 13.30 h.
Hoxe damos conta dos asuntos que a corporación municipal tratará este xoves en pleno, e da incorporación de 17 persoas á plantilla do concello de Tui ao abeiro do Plan Concellos. Outros asuntos recollidos son networking Mulleres Conectadas celebrado esta mañá, a lectura do pregón da Semana Santa este domingo, e o remate do prazo para que as bandas e artistas de Galicia e Portugal envíen as súas propostas artísticas para participar no MUMI 2022.