Os versos de Rosalía de Castro, Álvaro Cunqueiro, Marga do Val ou Celso Emilio Ferreiro decorarán os corazóns que se repartirán polos comercios de Tui, este San Valentín. Ademáis, polo casco histórico, haberá 6 elementos decorativos no que facer fotos, subilas, etiquetar ao concello e optar a tres premios.
A compaña do Concello de Tui coa colaboración do tecido comercial, "Tui é amor. Namórate de Tui" nace co obxectivo de incentivar o pequeno comercio. A presentación foi hoxe no Concello coa presenza do alcalde de Tui, Enrique cabaleiro, a concelleira de comercio Ana María Núñez e o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso. Tamén estiveron presentes, representantes do comercio local.