A corenta edición da Regata Miño Internacional contará cunha participación de 350 remeiros e remeiras de 16 clubs de Galicia, Andalucía e Portugal. Celebrarase este sábado ás 11:30 h. O percorrido será de 6 qm dende Currás até as instalacións do Club Remo do Miño. As modalidades que compiten son 4 Scull masculino e feminino, 8 libre Masculino e feminino, e 8 veterano masculino.
Hoxe tivo lugar a presentación no salón de sesións do Concello de Tui coa presenza do alcalde de Tui en funcións, José Ramón Magán, o concelleiro de deportes, Rafael Estévez e, o presidente e o vicepresidente do Club Remo do Miño, Manuel Ángel González e Luis Moroño. Tamén estivo o xefe servizo de Deportes da Xunta en Pontevedra, Daniel Benavides.