Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Situación martes 17
    O reestablecemento dos controis fronteirizos a pasada madrugada é unha das principais novidades da xornada tras a declaración do Estado de Alarma. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, mantiña a primeira hora unha reunión con corpos e forzas de seguridade do Estado, para coordinar as distintas accións.
    Lembraba que se está a levar a cabo a desinfección de espazos comúns, edificios públicos e vehículos municipais.
    Sobre o funcionamento do concello, dicía que dentro da excepcionalidade estase a traballar con normalidade con servizos mínimos ou teletraballo na tramitación dos distintos expedientes.
    5 min
  • Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Situación medidas preventivas coronavirus
    O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, destacaba hoxe a normalidade na cidade dentro da situación excepcional que estamos a vivir. Facía un chamamento á tranquilidade e á calma á poboación. Explicaba o protocolo artellado dende o concello para pór ao dispor das autoridades todos os seus medios, e establecendo coma prioridade atender as necesidades das persoas ou colectivos máis vulnerables.
    6 min
  • Tui baralla o aprazamento das festas de San Telmo
    O aprazamento das festas de San Telmo está sobre a mesa, xa que no actual escenario de medidas preventivas do contaxio por coronavirus non se poderían celebrar. Así o anunciou hoxe o alclade acompañado polos representantes dos distintos grupos políticos en rolda de prensa. Supéndense as actividades organizadas polo concello e o mercado semanal dos xoves. O pleno ordinario de marzo celebrarase a porta pechada.
    10 min
  • Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Medidas Preventivas Coronavirus
    O Concello de Tui pechou as instalacións municipais deportivas e culturais e cancelou as actividades propias coma medidas preventivas para evitar o contaxio por coronavirus. Na casa do concello só se atende presencialmente no rexistro, e en caso de extrema urxencia nos servizos sociais. Este mes non se celebrará pleno nin comisións informativas. Así o explicaba o alcalde, Enrique Cabaleiro, que ás 12 h comparecerá en rolda de prensa xunto aos voceiros dos grupos políticos.
    7 min
  • Comida vegana e coches clásicos forman equipo na Feira de Oportunidades de Acitui
    Unha veintena de comercios participarán no Paseo da Corredoira en Tui, na Feira de Oportunidades o 21 e 22 de marzo. Unha cita para impulsar o comercio local que, organiza a Asociación de comerciantes Acitui, coa colaboración do Concello de Tui. A presentación do evento correu a cargo de Juan Carlos Blanco presidente, Manuel Santos, vicepresidente e Quina González vogal, de Acitui. Estiveron acompañados do alcalde, Enrique Cabaleiro e a concelleira de Comercio Ana Maria Núñez.
    6 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…