A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, reuniuse este mediodía coa delegada da Zona Franca, Elena Pedrosa. A rexedora tomiñesa fixo un balance positivo do encontro, porque Zona Franca amosou o seu interese polo parque empresarial e contactará coa Xunta para coñecer en qué situación se atopa.
Por outra parte estableceron vías de colaboración con ACUBAM sobre internacionalización, bolsas de emprego e innovación.