Acordo entre o goberno e os sindicatos onte na mesa de negociación para manter o capítulo 1 no mesmo importe que nos últimos orzamentos e non rebaixalo en máis de 100 mil euros coma estaba previsto inicialmente no proxecto de orzamentos que foi levado a pleno o pasado 22 de febreiro, aínda que finalmente o punto fóra retirado da orde do día. O malestar xerado entre os traballadores municipais ante unha medida que suporía a eliminación dalgúns postos de traballo, aínda que non incidiría directamente nos salarios, levou ao goberno municipal a volver negociar este capítulo.
O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, explicou que no capítulo 1 se manteñen 82 mil euros, 18 mil se consignan no capítulo 2 para a elaboración da Relación de Postos de Traballo e no capítulo 5 o fondo de continxencia correspondente ao incremento salarial anual.