O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, deu conta de que o Concello solicitará aos peritos xudiais que están valorando todas as vivendas afectadas fagan tamén unha valoración económica. Continuase o traballo para reubicación ás familias, e o gabinete urbanístico comezou hoxe a traballar no centro de afectados. Ás 14h reunirase a Xunta de Voceiros, para decidir importe e destino do fondo de emerxencia con cargo ao remanente de tesourería que se levará a pleno este xoves. O alcalde garante que o 100% dos fondos que se recaden na conta aberta por ABANCA serán para os afectados.