Esta tarde a corporación municipal de Tui se reúne en pleno de carácter ordinario no que se vai debater o proxecto de orzamentos municipais para 2018 presentado polo goberno municipal por importe de 8.173.010,32€.
Segundo a exposición feita en rolda de prensa o pasado venres polo alcalde, Carlos Vázquez Padín, trátase dun orzamentos serios, realistas, expansivos e responsables cos que queren crear as bases para unha organización máis eficiente no concello.
Os grupos da oposición, PSOE, BNG, ALT e Son de Tui, son moi críticos coas contas que hoxe van a pleno, e solicitarán que queden sobre a mesa. É tamén moi crítico con estes orzamentos o comité de empresa que rexeita a baixada de 120 mil euros