Tomiño conta xa con un extenso programa que inclúe 14 cursos, obradoiros e actividades dende febreiro ata outubro. A primeira das propostas é o taller de formación radiofónica e
tamén en febreiro comezará o curso de francés básico de 24 horas de duración a cargo dunha profesora nativa.
En canto á OMIX da Guarda, o seu calendario comeza con dúas primeiras propostas para as que xa están abertos os prazos de inscrición e que darán comezo en marzo. Un dos cursos cos que contarán é o de monitor de tempo libre e a outra proposta é un obradoiro de cociña para elaborar galletas.