Oito espectáculos haberá no Teatro Municipal de Tui nos meses de febreiro e marzo tanto para público infantil coma adulto. Teatro, cinema, maxia, música… forman parte desta oferta que recolle o novo número da axenda Corredoira Cultural presentada esta mañá. Esta publicación contempla tamén eventos coma o Entroido, San Telmo, Play-Doc, ou a Feira do Libro, xunto aos aniversario do Teatro Municipal – 15 anos-, e da Radio Municipal – 25 anos -.