Os Roteiros Literarios son unha iniciativa do Servizo de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra e da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega que chega esta fin de semana a Tui coa proposta “Roteiro Aloia Máxico, Mítico e Lendario”.
O Monte Aloia será o protagonista do paseo literario que se vai celebrar o sábado e que foi presentado esta mañá coa presenza do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Eurocidade, Miguel Ángel Capón, o concelleiro de Medio Ambiente, José Martínez Tato, o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, o deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal e a escritora Marta Dacosta en representación da AELG.