A corporación municipal de Tui celebrou onte xoves pleno ordinario correspondente ao mes de outubro. Cos votos de PSOE, AtT, BNG e Son de Tui aprobáronse dous expedientes de Modificación de Créditos e o Recoñecemento Extraxudicial de créditos para pagar facturas de 2016 presentadas fóra de prazo e outras deste ano para as que non había consignación por importe de 111 mil euros. Abstivéronse os grupos no goberno de PP, C21, CsT e APTUI. Presentáronse dúas moción de urxencia unha do BNG sobre a violencia de xénero que foi aprobada por unanimidade e outra do PSOE sobre os incendios forestais que foi rexeitada co voto en contra de PP, C21, CsT e APTUI.