Arraianos chega por segundo ano, nesta ocasión vaise celebrar do 8 ao 10 de setembro, con mercado medieval, gastronomía, xogos e distintas actividades. Unha delas será “Á conquista do Miño”, unha proba polo río en kaiak que terá lugar o sábado 9, con saída e chegada á praia da Marina.
Falamos con Víctor Pérez Bugarín, colaborador do festival e membro da asociación que nos deu os detalles desta proposta para integrar o río na celebración arraiana.